O popular evento terá lugar o 15 de agosto a partir das 9:30 horas, estando o prazo de inscrición aberto ata o 12 de agosto cun custe de 10 euros por persoa participante
O Concello de Nigrán e a Asociación Cultural ‘A Camoesa’ abren ata o 12 de agosto o prazo de inscrición para participan na ‘XVIII Baixada de Carrilanas’ do 15 de agosto na rúa San Roque e Xuncido (Camos), tendo un custe de 10 euros por persoa. A inscrición debe facerse online a través da web https://eventosnigran.es/ . A proba desenvolverase durante toda a mañá, comezando ás 9:30 horas cunha baixada de adestramentos.
Os verdadeiros volverán a deixar imaxes delirantes nesta parroquia que se pode considerar o auténtico berce do deporte en Galicia. Como xa é habitual, sairán do Turreiro, virarán bruscamente á esquerda na rúa Xuncido (barrio de Balinfra) para afrontar unha rasante e unha curva de 90 grados xusto antes da meta. En total, trátase de 1 km de lonxitude cun desnivel do 80%, o que fará que os vólidos ‘voen’ a case 110 km/hora e, no caso dos máis artesanais, a 80 km/hora.

