Home Pontevedra O Condado O Museo da Ciencia do Viño acollerá durante o mes de maio...

O Museo da Ciencia do Viño acollerá durante o mes de maio unha exposición do artesán Constante González

- Anuncio -

Constante González é un artesán da madeira que traballa co torno creando pezas únicas e moi laboriosas.

Constante é de San Roque na parroquia de Cabreira en Salvaterra de Miño. Un home que xa dende pequeno tiña unha vea artística por explotar e que aprende o oficio da carpintaría grazas ao seu pai, oficio ao que se dedicou durante toda a súa vida profesional. Unha vez xubilado no ano 2008, e contando xa co tempo necesario, comeza a desenvolver o seu don e a súa paixón elaborando e traballando a madeira dun xeito espectacular utilizando unha técnica, a do torno, pouco vista e moi chamativa.

As pezas que crea son dunha beleza incríble e agora chegan ó Museo da Ciencia do Viño do Condado en Salvaterra de Miño co fin de que todo o mundo poida contemplar o seu valor. Constante conta no seu taller con máis de duascentas pezas únicas e aquí só teremos unha pequena mostra que esperamos sexa do agrado de todos os visitantes
que poderán visitar a exposición durante o mes de maio no horario do Museo: de mércores a domingo e festivos de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 19:00 horas.

Relacionadas

A Deputación concede preto de 30.000 euros ao Concello de Campo Lameiro para dotar...

0
Trátase de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que distribuíu xa máis de 2,4 millóns de euros entre concellos da provincia de menos...

Tomiño intensifica a loita contra os incendios coa apertura de case 500 expedientes para...

0
No 2023 tramitáronse 174 denuncias que afectaban a 497 parcelas. A maioría dos expedientes resolvéronse enviando unha soa notificación O Concello ten un programa único...

Luis López amosa o apoio da Deputación ao BM Porriño, que busca o pase...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a vicepresidenta Luisa Sánchez asisten no Pavillón Municipal do Porriño ao partido de ida das...

Corte de tráfico por obras de asfaltado no camiño da Quirincosta

0
A concellería de Infraestruturas e Sostibilidade, que dirixe Roberto Villar, advirte que o vindeiro luns, 6 de maio, estará cortado ao tráfico o camiño...

O Celta feminino terá identidade mosense

0
A sección de fútbol feminino da UD Mos será o embrión do novo proxecto celeste A Unión Deportiva Mos será o Celta Feminino. Esta foi...

O Concello de Baiona honra a José Trigo Pereira ‘Miolo’ nos seus 102 aniversarios

0
José Trigo Pereira, coñecido cariñosamente como ‘Miolo, recibiu a homenaxe do municipio con motivo dos seus 102 aniversarios. O Concello de Baiona quixo mostrarlle o...

Publicacións Relacionadas