O FESTIVAL ORBALLO CULTURAL TRAE MAÑÁ
A BAIONA A BAIUCA E A MARICARME
Baiona, 20 de agosto de 2026- Mañá venres 21 de agosto ás 22.00 horas o Parque da Palma acolle o Festival Orballo Cultural que trae a Baiona a Baiuca e a Maricarme.
O grupo protagonista da noite, Baiuca, é un dos proxectos máis innovadores e recoñecidos da música galega actual, levando a tradición os novos horizontes a través da música electrónica. Da man de Alejandro Guillán, fusiona sons populares, cantigas e instrumentos tradicionais cunha produción contemporánea que conquistou festivais de todo o mundo. A súa proposta crea unha experiencia sonora e audiovisual única, converténdose nun referente da nova música de raíz galega e proxectando a cultura de Galicia a nivel internacional.
Desde Santiago poderase desfrutar de Maricarme, un trío de Santiago de folk galego que bebe da música tradicional para ofrecer unha proposta fresca, coidada e chea de identidade. Coa voz, a percusión e os instrumentos tradicionais como protagonistas, o grupo achega un directo próximo e emocionante no que a tradición se mantén viva, conectando o patrimonio musical galego co público de hoxe.
O ciclo de concertos ‘Orballo Cultural’ é un evento musical que leva as propostas máis salientables do panorama musical galego ata distintas localidades da xeografía galega. Todo iso grazas ao apoio da Xunta de Galicia, a través de Turismo de Galicia no marco de Concertos do Xacobeo.

