Domínguez e Rey visitan o barrio da Parda antes do debate da moción do PP no pleno municipal

adminON
Lectura mínima de 1

O presidente e portavoz municipal do Partido Popular de Pontevedra, Rafa Domínguez, acompañado pola concelleira popular Beatriz Rey, visitou o barrio da Parda para compartir cos veciños, comerciantes e hostaleiros os detalles da moción que o PP levará ao pleno municipal deste luns. O líder da oposición coincidiu con eles na importancia de mellorar “a iluminación e limpeza, o mantemento dos parques infantís ou o aumento das prazas de aparcamento” dunha das zonas da cidade que máis crece e que, por tanto, “máis necesita unha mellora substancial” dos servizos básicos.

Comparte este artigo