O multiusos Ángel Bedriñana acolle este mércores 13 de marzo ás 11.30 horas unha charla gratuíta sobre coidados e nutrición dos pacientes diabéticos Durante a xornada informarase sobre a diabetes, como controlar a enfermidade e a importancia dun bo control. A charla correrá a cargo de Elena Vilar, Centro de Saúde ESAD Val Miñor; Marta Losada, Nutricionista do CS Val Miñor; Eugenia García, EIR do CS Val Miñor e Beatriz Pérez, EIR CS Val Miñor.

