O I Torneo Clasificación Galega de Florete (Absoluto e Cadete M-17) celebrarase o sábado 26 de setembro de 2026 no Pavillón Polideportivo Municipal de Baiona.
Esta mañá o salón de plenos do Concello de Baiona acolleu a presentación do evento na que participaron o alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña, a concelleira de deportes, Ana Iglesias Rodríguez, o xefe provincial do servizo de Deportes da Xunta, Daniel Benavides e o presidente do club organizador do torneo, o Club Esgrima de Vigo “A Oliveira”.
No torneo participarán entre 60 e 80 persoas de 16 clubs, 4 deles de Portugal e 1 de Barcelona.
Trátase dunha Competición Oficial da Federación Galega de Esgrima.
Puntuable para a clasificación da Federación Galega de Esgrima 2026-2027.

