Home Pontevedra Baixo Miño Mañá sábado ás 12 h inaugúrase a XXIV Feira de Artesanía de...

Mañá sábado ás 12 h inaugúrase a XXIV Feira de Artesanía de Tui

- Anuncio -

Ao longo dos catro días haberá obradoiros, demostracións de oficios e actuacións musicais

Mañá ás 12 h inaugúrase a XXIV Feira de Artesanía de Tui que até o próximo martes vai reunir na rúa Ordóñez e nas prazas do Concello de San Fernando a unha trintena de postos artesáns, celebraranse obradoiros, demostracións de oficios tradicionais e actuacións musicais.
O acto inaugural mañá, ás 12 h, contará coa presenza do primeiro tenente de alcalde e concelleiro de Deportes, Rafael Estévez, das concelleiras de Comercio e Mercado, Ana Mª Núñez, e de Cultura e Ensino, Sonsoles Vicente, xunto a outros membros da corporación municipal, e representantes da Asociación de Artesáns de Galicia e da Asociación de Palilleiras do Baixo Miño. De seguido actuará o grupo folclórico Seixos Albos de Areas.
Serán catro días nos que a artesanía galega en cerámica, marroquinería, madeira, vidro, instrumentos musicais, moda, complementos,… estará presente no conxunto histórico que se converterá nun escaparate de exposición e venda dos produtos artesáns elaborados en Galicia.
O público que se achegue á feira poderá amais ver traballar a moitos dos artesáns en vivo e participar nos obradoiros previstos de agulla de gancho, de Hapa Zome – técnica de impresión xaponesa con pigmento naturais -, coiro, talla en madeira, e de construción dunha pandeireta. Tamén haberá demostracións de oficios tradicionais coma o tallado de vidro ou madeira.
A música tradicional estará tamén presente, amais da actuación o sábado, na inauguración, do grupo folclórico Seixos Albos de Areas (12.00 h), pola tarde actuará o grupo de gaitas O Mosteiro de Pexegueiro (19.00 h). O domingo contarase co grupo folclórico Santa Columba de Ribadelouro (12.30 h) e a Escola de Gaitas e Percusión A Insua de Caldelas (19.00 h), o luns co grupo Roncho&Fol (20.30 h) e o martes coas Pandereiras da Raia da Asociación Cultural San Telmo (19.30 h) e o concerto da Banda de Música Popular de Tui, a Banda de Gaitas e o grupo de baile Lembranzas da Terra de Guillarei (21.00 h).
Nesta cita estará tamén presente a gastronomía coas empanadillas caseiras feitas a man de Vioncas Bake e as cervexas artesás de Menduíña (sábado), Meiga (domingo) e Trisk-Ale (luns e martes).

XXIV FEIRA DE ARTESANÍA
Do sábado 14 ao martes 17 na rúa Ordóñez e nas prazas do Concello e de San Fernando
Trinta postos de exposición e venda de artesanía
Horario da Feira e actividades
• Sábado 14 de 12 a 22 h
o Ás 12.00 h Inauguración e actuación do grupo folclórico Seixos Albos de Areas
o Ás 19.00 h Grupo de gaitas O Mosteiro de Pexegueiro
• Domingo 15 de 11 a 22 h
o Ás 12.30 h Grupo folclórico Santa Columba de Ribadelouro
o Ás 19.00 h Escola de gaitas e percusión A Insua de Caldelas
• Luns 16 de 12 a 22 h
o Ás 20.30 h Grupo Ronco&Fol na praza de San Fernando
• Martes 17 de 11 a 22 h
o Ás 19.30 h pandereteiras da Raia da Asociación Cultural e Xuvenil San Telmo de Tui na praza de San Fernando
o Ás 21. 00 h Banda de Música Popular de Tui, Banda de Gaitas Lembranzas da Terra de Guillarei e grupo de baile Lembranzas da Terra no Paseo da Corredoira
Obradoiros e demostracións
• Talleres artesanais gratuítos e demostracións de oficios na praza do Concello
• Talleres artesanais de agulla de gancho a cargo de María Salomé Fernández Moldes do obradoiro Cucapuntoes.
o Inscricións en salomefmoldes@gmail.com. Prazas limitadas. Maiores de 10 anos.
o Sábado 14 ás 19:00 h. taller de ganchillo. Elaboración de funda de móbil.
o Domingo 15 ás 11:00 e ás 19:00 h. taller de ganchillo. Elaboración de bolso de rede.
o Luns 16 ás 19:00 h. taller de ganchillo. Elaboración de funda de móbil
o Martes ás 11:00 e ás 19:00 h. taller de ganchillo. Elaboración de marcapáxinas de Bolboreta.
• Obradoiro de Casperlota con María Luísa Mosquera Sastre
o Dúas sesións diarias, todos os días da feira, de unha hora de duración, para até 12 participantes cada unha, coa técnica de impresión xaponesa Hapa Zome, con pigmentos naturais sobre tela. Prazas limitadas. Inscrición en asociaciongalegadeartesans@gmail.com.
• Obradoiro de construción dunha pandeireta
o Sábado pola mañá con José Manuel Salvado Sanín de Sanín Percusión Tradicional. Prazas limitadas. Dirixido a persoas maiores de 14. Duración estimada 2 horas. Inscrición en asociaciongalegadeartesans@gmail.com.
• Obradoiro de Coiro
o O domingo 15 pola mañá, os usuarios do taller ocupacional de San Rafael realizarán un caracol de coiro, guiados polo monitor do centro, coa posibilidade de participación do público asistente.
• Demostración do oficio da talla de madeira
o Sábado pola mañá e pola tarde con Carlos Graña Amoedo de Verdecima
• Demostración do oficio de vidro tallado
o Domingo pola mañá e pola tarde con Eugenio Soto

Relacionadas

A Deputación financiará integramente dous proxectos de modernización de instalacións deportivas no Grove e...

0
No Grove financiará o 100% do acondicionamento do pavillón de deportes do CEIP Plurilingüe Conmeniño, que ascende a 303.000 €, e en Vilanova a...

Os licores espirituosos de Pazo de Valdomiño contan xa co selo de Garantia Galicia...

0
Ana Méndez, xerente do organismo da Xunta de Galicia, destaca o esforzo desta destilería para elaborar licores de calidade partindo da mellor materia prima A...

A Campaña de Verán da Xunta de Galicia presenta un Campo de Voluntariado nas...

0
• Conta con 20 prazas para participantes de 18 a 30 anos e desenvolverase entre o 23 de xullo e o 3 de agosto •...

Cuntis habilita un novo punto de recarga para vehículos eléctricos na Rúa Xoán Xesús...

0
• O dispositivo leva en funcionamento desde hai aproximadamente un mes e foi adquirido e instalado polo Concello a través de fondos propios, sumándose...

A Deputación investirá 150.000 euros na dotación de illas ecolóxicas e na instalación de...

0
Estas iniciativas, enmarcadas no proxecto “Da túa man” (rural), beneficiarán a Agolada, Arbo, Barro, Campo Lameiro, Cuntis, Forcarei, Meis, Mondariz, As Neves, Rodeiro e...

O Concello de Tomiño solicita á FEGAMP que convoque unha reunión urxente entre a...

0
A alcaldesa de Tomiño apela a colaboración institucional para dar unha solución a unha problemática que pon en risco o modelo de convivencia entre...

Publicacións Relacionadas