A asociación Foco convertirá este sábado o noso Centro Cultural nun Museo de Poesía, unha singular proposta na que a través da dramatización de poemas de escritoras dos séculos XX e XXI, os visitantes poderán seguir o fío dunha vida.
A actividade é de balde, mais os interesado en sumarse á visita a este museo teñen que reservar a súa praza (de baldea través do seguinte enlace: https://www.eventbrite.es/e/museo-da-poesia-tickets-870485725237?aff=ebdssbdestsearch&keep_tld=1, nunha das tres sesións previstas (18:00; 18:30; 19:00h.)
A asociación Foco traballa na Guarda dende o ano 2021? no desenvolvemento de proxectos innovadores nos que a xuventude e as artes escénicas son ingredientes fundamentais. Animámosvos a acompañarnos nesta aventura de fin de semana.
ACTIVIDADE: Museo de Poesía
LUGAR: Centro Cultural
DATA: 13 abril
ORGANIZA: Asociación FOCO, colabora Concello da Guarda
ACCESO: De balde. Previa inscrición en https://www.eventbrite.es/e/museo-da-poesia-tickets-870485725237?aff=ebdssbdestsearch&keep_tld=1,