Nigrán Run Club, unha iniciativa impulsada por Adrián Corbacho e Lara Teruel, continúa crecendo semana a semana e reunindo a veciños de todas as idades ao redor do deporte, a saúde e a convivencia.
Este próximo xoves 23 de xullo ás 19.30 horas, será Laura Teruel a que tome a palabra no Auditorio do Concello de Nigrán para presentar o proxecto do Club e analizar, sobre unha base científica, temas como a falta de tempo para facer exercicio, o impacto do sedentarismo e do uso das redes sociais, os beneficios do correr para a saúde e a lonxevidade. En definitiva profundarase nos cinco piares fundamentais para unha vida saudable: alimentación, exercicio, exposición ao sol, descanso e relacións sociais.
Este próximo xoves 23 de xullo ás 19.30 horas, será Laura Teruel a que tome a palabra no Auditorio do Concello de Nigrán para presentar o proxecto do Club e analizar, sobre unha base científica, temas como a falta de tempo para facer exercicio, o impacto do sedentarismo e do uso das redes sociais, os beneficios do correr para a saúde e a lonxevidade. En definitica profundarase nos cinco piares fundamentais para unha vida saudable: alimentación, exercicio, exposición ao sol, descanso e relacións sociais.
Detrás de Nigrán Run Club están Adrián e Lara, dous apaixonados do deporte, a saúde e a vida activa que decidiron crear un espazo aberto para que calquera persoa poida iniciarse na actividade física, compartir experiencias e formar parte dunha comunidade saudable e acolledora. Adrián desenvolve o seu labor profesional como bombeiro condutor no Concello de Vigo, mentres que Lara exerce como fisioterapeuta especializada en chan pélvico e saúde integrativa.
Máis que un grupo para correr, Nigrán Run Club busca fomentar o benestar, a actividade física e as relacións sociais. Por iso, as actividades comezan moito antes de iniciar cada adestramento.
Todos os mércores, os participantes reúnense para compartir un café en diferentes establecementos do municipio, colaborando ademais co comercio local. Entre as cafeterías que xa forman parte destas quedadas atópanse Coffee & Meal e Ameri Køzy e espazos moi especiais como A Galería, Espazo Creativo. Tras este momento de encontro, o grupo reúnese ás 20.15 horas nas pistas de tenis de Nigrán, onde realiza un quecemento antes de comezar a actividade.
Os domingos, a proposta combina novamente deporte e convivencia. A xornada comeza ás 9.30 horas cun café e un espazo distendido para conversar e coñecerse mellor en Ameri Køzy, en Panxón. Posteriormente, ás 10.30 horas, iníciase a saída polo paseo marítimo e outros percorridos do municipio.
As sesións están deseñadas para todos os niveis. Habitualmente percórrense entre seis e oito quilómetros, adaptando o ritmo ás capacidades de cada participante. Non é necesario correr durante todo o percorrido, xa que quen o desexe poden alternar carreira e camiñada. A filosofía do club é sinxela: que ninguén quede atrás e que calquera persoa sinta cómoda desde o primeiro día.
Desde a súa posta en marcha, a acollida por parte dos veciños foi extraordinaria. Cada semana incorpóranse novos participantes que atopan no deporte unha oportunidade para mellorar a súa saúde física e mental, crear novas amizades e desfrutar da contorna natural que ofrece o municipio.
Trátase dunha inciativa que conta co respaldo absoluto da concellaría de deportes do concello de Nigrán. Roberto Garrido Pereira, concelleiro de deportes, incide “nos beneficios da práctica deportiva en xeral e do runnig en particular, para garantir xa non só unha melloría física senón tamén mental. O deporte non deixa de ser unha forma de vida que contribúe a crear mellores persoas”.

