A primeira cita será este venres, 3 de xullo, ás 22.30 h coa proxección de ‘Flow’ na praza de Frómista
Este verán o cinema será protagonista no conxunto histórico de Tui. Dentro da programación estival, a praza de Frómista acollerá tres proxeccións. ‘Flow’, ‘Rondallas’ e ‘Moon’.
A primeira cita será este venres 3 de xullo ás 22.30 h co película ‘Flow’, de Gints Zilbalodis. É un filme de animación para público familiar que recibiu o Premio Oscar a Mellor película de animación en 2024.
Conta a historia dun gato que esperta nun mundo cuberto de auga, onde a raza humana parece ter desaparecido. Busca refuxio xunto a outros animais nun barco, pero levarse ben con eles é un reto aínda maior que superar o seu medo á auga. Todos terán que aprender a superar as súas diferenzas e adaptarse ao seu novo mundo.
A seguinte proxección programada é “Rondallas”. O filme de Daniel Sánchez Arévalo proxectarase o venres 10 de xullo; pechará este cicl ‘Moon, o meu amigo panda’ de Gilles de Maistre, o venres 14 de agosto.
Todas as proxeccións serán ás 22.30 h, con entrada de balde. Na praza de Frómista instalaranse para cada proxección 150 cadeiras.
Debido a estas citas o tráfico rodado pola rúa Cuenca pecharase cada xornada de cinema ás 22 h até o remate da proxección, agás no caso de vehículos de emerxencias.
Tui vivirá este verán tres noites de cinema ao aire libre no conxunto histórico, nunha praza de Frómista que ven de ser renovada e que este venres acollerá a primeira actividade cultural tras a reforma.

