HomeO CondadoAs NevesO alcalde José Manuel Alfonso anuncia a súa candidatura á presidencia do...

O alcalde José Manuel Alfonso anuncia a súa candidatura á presidencia do PP das Neves no 5º Congreso Local, fixado para o 22 de marzo

- Anuncio -spot_img

-“A miña intención é seguir fortalecendo, renovando e ampliando a base social do noso partido, que é claramente o preferido polos veciños, para impulsar o noso proxecto, que ten como prioridade a atención á xente”, manifesta

O alcalde das Neves, José Manuel Alfonso, vén de anunciar na xornada de hoxe a súa intención de presentar a súa candidatura á presidencia da agrupación municipal do PP no 5º Congreso Local, que xa está fixado para o próximo 22 de marzo e no que se elixirá ao substituto do ex rexedor Emilio Castro.

O actual rexedor e cabeza visible do PP local vai comezar de inmediato co proceso previo de recolección de avais entre os militantes do partido nas Neves –esíxense un mínimo de 25– durante os próximos dez díaz para que o Cómite Organizador do Congreso (COC) valide a súa candidatura e poida concorrer á presidencia do PP local.

De superar este trámite, e con independencia de se concorre ou non algunha outra candidatura, José Manuel Alfonso ten previsto, segundo o recollido no regulamento congresual, realizar unha campaña electoral interna para explicarlle aos integrantes do partido o seu proxecto orgánico e tamén institucional no ámbito municipal antes de presentar aos integrantes da xunta local, que conformarán o comité executivo do PP nevense.

José Manuel Alfonso, de 56 anos, é graduado social e adicou toda a súa vida profesional ao mundo da empresa e o emprendemento, sendo tamén moi destacada a súa participación na vida social das Neves cunha gran implicación en colectivos culturais e deportivos. O actual alcalde estreouse na vida política municipal a finais de 2022, cando foi designado como candidato do PP nas eleccións locais de 2023, nas que, ao primeiro intento, conseguíu recuperar o goberno  tras unha suba de 7 puntos e un resultado de case o 45% dos votos que arroxou unha maioría absoluta tras dous mandatos cun executivo do BNG.

“Agora iniciamos un importante proceso interno e o afronto coa intención de seguir fortalecendo, renovando e ampliando a base social do noso partido nas Neves, que é claramente o preferido polos veciños, para prepararnos do mellor xeito posible para as eleccións de 2027 impulsando aínda máis o noso proxecto, que ten como absoluta prioridade a atención á xente”, manifestou Alfonso, que quixo ter unhas palabras de agradecemento, pola súa xenerosidade e traballo, co ex alcalde Emilio Castro, actual presidente do PP local desde o ano 1999.

Finalmente, o tamén alcalde amosouse esperanzado en obter a confianza maioritaria da militancia e convidoume publicamente a todos os membros do PP das Neves a participar e implicarse neste proceso congresual “para seguir construíndo un partido forte no que prime a unidade e a coherencia”.

Publicacións Relacionadas