HomePontevedraCaldasO alumnado de forestais do Obradoiro de Emprego Xóvenes Moraña, Portas e...

O alumnado de forestais do Obradoiro de Emprego Xóvenes Moraña, Portas e Valga visitan a Feira Internacional Asturforesta en Tineo (Asturias)

- Anuncio -spot_img

Nesta visita formativa puideron coñecer os últimos avances técnicos do sector forestal.


O alumnado de forestais do Obradoiros de Emprego Xóvenes Moraña, Portas e Valga, cofinanciado polo Fondo Social Eurpeo Plus no marco do programa FSE+Galicia 2021-27, realizaron unha visita formativa á Feira Internacional Asturforesta en Tineo (Asturias) onde puideron coñecer os últimos avances técnicos do sector forestal.

Esta feira internacional é referente no sur de Europa e punto de encontro do sector forestal onde as principais marcas do mundo amosan as súas últimas innovación técnicas.

Así, o alumnado que se desprazou a Tineo puido coñecer os distintos cortes de troncos con diferentes aserradeiros, cepilladora moldureira para fabricación de chans e laminados, etc.

Tamén puideron ver unha operación integral de manipulación e trituración de materiais forestais destacando a interacción entre maquinaria de última xeración.

Ademais asistiron a unha exhibición de mantemento de motoserra e outra de poda en altura. Ademais de ver como se elaboran as esculturas en madeira a base de motoserra.

O alumnado tivo tamén a oportunidade de estar coa “influencer” Laura Vallejo coa que compartiron a experiencia de formación no obradoiro ademais de coñecer as últimas novidades en maquinaria forestal, motoserras eléctricas, rozadores, etc. e puideron tamén probalas persoalmente para comprobar as súas capacidades.

Publicacións Relacionadas