A formación nacionalista convida á veciñanza a asistir a un acto público, este venres 17 de xullo ás 20:00 horas na Praza da Veiguiña, para conmemorar o Día da Patria Galega
O Bloque Nacionalista Galego (BNG), con motivo do Día da Patria Galega, organizará un acto conmemorativo para homenaxear esta data. O evento contará coa participación do deputado no Parlamento de Galicia, Luis Bará, e da voceira municipal do BNG en Marín, Lucía Santos. A xornada estará amenizada musicalmente por Andrés Pena.
A cita pretende ser un espazo de diálogo e intercambio de ideas sobre o presente e o futuro do País e de Marín, coincidindo coa homenaxe anual do Día da Galiza. Durante o encontro abordarase o momento político actual e compartirase unha reflexión sobre o modelo de vila que se quere construír entre todas e todos.
Desde o BNG animan á veciñanza a participar neste encontro aberto a todas as persoas interesadas en compartir ideas e celebrar unha data tan significativa para o País.

