Home O Salnés Meis O BNG de Meis púxose en contacto coas familias afectadas ante o...

O BNG de Meis púxose en contacto coas familias afectadas ante o problema ocasionado polas obras da escola infantil de Meis

- Anuncio -

Ante o problema ocasionado polas obras da escola infantil de Meis, que supón un peche temporal das instalacións un mínimo de 6 meses, o BNG de Meis púxose en contacto coas familias afectadas para trasladar ao concello as preocupacións das familias ante o futuro inmediato.

Neste contactos quedou moi claro a necesidade das obras por ser o que se levaba demandando fai tempo por parte das usuarias das instalacións. Agora ben, dende novembro xa se sabía que a deputación concedera esta axuda e estamos, neste mes de marzo, xa metidos en prazo de matrícula, razón pola cal as familias teñen unha lóxica preocupación.

Por estas razóns dende o BNG de Meis pedimos que na reunión convocada para o venres 15, queden aclarados, entre outros, os seguintes puntos solicitados polas familias afectadas:

1/ Que pasará con aquelas familias que queden sen praza en escolas próximas?

2/ E con aquelas que non dispoñan de transporte propio, en caso de conseguila noutro concello?

2/ Garantiza a alcaldía, ás familias que non podan levar as súas fillas a outro centro, unha alternativa para desenvolver temporalmente a prestación deste servizo esencial?

4/ Haberá, por parte das administracións, algún tipo de axuda parA paliar os gastos ocasionados?

O BNG de Meis trasladou á equipa de goberno estas preocupacións á espera dunha solución na reunión ante un tema tan preocupante, tendo en conta que as familias non poden ser as prexudicadas, nunha cuestión tan fundamental.

Relacionadas

Armando Bastida, criar con sentido común ou como educar sen morrer no intento

0
A Semana da Educación arrancou este luns a súa décima edición coa conferencia do enfermeiro experto en saúde infantil e educación, que ofreceu ao...

Arbo e Sainte-Terre fortalecen lazos de unión coa firma do irmandamento en Francia

0
• No Salón de Plenos do Municipio de Sainte-Terre, levou a cabo a firma oficial do Memorando de Entendemento entre Santa Terre (Francia) e...

O Pavillón de Carballedo pasará a denominarse “Xose Luis Bouzas Ambroa, O Rubio”

0
O PP vota NON a reclamar a mellora do tendido eléctrico, e impide o debate dunha moción de rexeitamento a megacelulosa de Altri O Pleno...

O Concello de As Neves segue mellorando os accesos ás vivendas da veciñanza

0
• Actuacións na zona de Guláns/Estación para  garantir mellores infraestruturas locais  As Neves a 10 de febreriro de 2025.- O Concello de As Neves continúa...

O Concello lanza unha campaña especial por San Valentín

0
Con “Tui, meu amor” aposta por eventos inmersivos para disfrute de toda a familia O Concello de Tui presenta a campaña "Tui, Meu Amor" con...

A Eurocidade Tui-Valença celebra trece anos de cooperación transfronteiriza

0
Un concerto este sábado ás 21 h no Teatro Municipal conmemorará este aniversario A Eurocidade Tui-Valença celebra trece anos de cooperación transfronteiriza cun concerto a...

Publicacións Relacionadas