O BNG de Meis ven de rexistrar unha petición para a colocación dunha mesa-banco no entorno do parque infantil do colexio da Armenteira así como no resto de parques do concello que carezan dela

adminON

Despois dunha xuntanza do BNG coa veciñanza da Armenteira, esta ven de trasladarnos a necesidade de restituír unha mesa-banco (a coñecida como mesa-picnic que ten bancos a ambos lados da mesa formando unha mesma estrutura) que había no parque de xogos.
Ao parque público de xogos infantís da Armenteira acude moita veciñanza a levar as crianzas para o seu lecer, moitas destas persoas teñen unha idade avanzada e non teñen, en toda a contorna máis próxima, un sitio para sentarse e poder manter o control dos nenos e nenas cunha comodidade mínima. Por outro lado os adultos tamén necesitan dunha mesa para poder dar a merenda ás crianzas como se facía cando dispoñían da mesa-banco.

Dende o BNG rexistramos esta petición da veciñanza e consideramos que este problema pode ser trasladado a outras parroquias do noso concello para colocar esta estrutura de mesa-banco en todos os parques infantís que non dispoñan dela.
Economicamente non supón un desembolso desmedido para o concello e os beneficios para a veciñanza xustifican esta pequena inversión.

Comparte este artigo