Home Pontevedra O Salnés O BNG de Vilanova de Arousa levará ao pleno unha moción relativa...

O BNG de Vilanova de Arousa levará ao pleno unha moción relativa á instalación dunha megafactoría pola empresa Altri

- Anuncio -

Carmela Alfonso critica o impacto medio ambiental e socioeconómico que conlevará este proxecto

Dentro da campaña que o BNG está a desenvolver por todos os concellos do país afectados pola instalación deste megaproxecto, o BNG de Vilanova levará ao pleno deste luns unha moción para que se acorde, por parte de todos os grupos municipais da corporación, o rexeitamento ao proxecto de construción dunha megafactoría de produción de pasta de celulosa no concello de Palas de Rei.

Para a nacionalista este proxecto supón un impacto negativo no conxunto do país e que afectará tamén á nosa ría e polo tanto a economía do concello de Vilanova se verá afectada considerablemente, poñendo en risco sectores produtivos como a pesca, o marisqueo e a acuicultura, dos que vive moitas familias.

Para a portavoz nacionalista, a instalación desta macrofactoría é unha aberración que atenta contra os recursos naturais do noso país e das actividades socioeconómicas, polo que instará ao concello de Vilanova a elaborar e presentar alegacións contra este proxecto e poñer a disposición da veciñanza modelos de alegacións.

Relacionadas

A Deputación arranca os concertos do programa provincial +Música este sábado, 11 de maio,...

0
O calendario inclúe concertos nos 59 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes, que se celebrarán ata o vindeiro mes de setembro Este sábado,...

O Concello de Tui desenvolve sesións informativas nos centros educativos dando a coñecer o...

0
Vai dirixido a persoas de 10 a 17 anos. As súas propostas de mellora son logo trasladadas ao goberno local Tui conta dende o ano...

A alcaldesa de Mos e a conselleira de Medio Rural acordan a colaboración entre...

0
Nidia Arévalo e María José Gómez reuníronse esta semana para tratar temas de importancia para o municipio A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, reuniuse en...

Social Calvario enche de flores a praza da Memoria de Vigo

0
Persoas usuarias de 13 asociación solidarias do barrio celebraron os Maios  O barrio do Calvario en Vigo é o fogar dunha chea de agrupacións solidarias...

A Deputación concede unha achega a Vilagarcía de Arousa para subministrar máis de 500...

0
A axuda enmárcanse no Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que repartiu xa 2,5 millóns de € entre os concellos de menos de 50.000 habitantes...

A Deputación ofrece aos concellos da provincia “Tinta do mar: pequena biografía de Luísa...

0
Os concellos interesados en beneficiarse dalgunha das 35 sesións desta actividade, que será de balde, deberán presentar unha instancia a través da Sede electrónica...

Publicacións Relacionadas