Home Pontevedra O BNG defenderá no Pleno de Vigo unha batería de medidas para...

O BNG defenderá no Pleno de Vigo unha batería de medidas para combater a precariedade laboral

- Anuncio -

A fronte nacionalista trasladará unha moción da CIG para esixir un “xiro de 180 graos” nas políticas laborais para garantir emprego e salarios dignos fronte á crecente pobreza que afecta a cada vez máis traballadoras e traballadores na cidade

Xabier P. Igrexas: “O BNG defenderemos esta moción diante da decisión autoritaria e antidemocrática de Abel Caballero de impedir que a CIG interveña no Pleno”

Alberto Gonçalves: “Esta moción fai parte da campaña ‘Stop Precariedade.Traballo Digno’ para dar resposta ao grave contexto social e laboral en Galiza e na comarca de Vigo”

O Bloque Nacionalista Galego defenderá no Pleno de Vigo unha batería de medidas para combater a crecente precariedade laboral. A fronte nacionalista trasladará así unha moción elaborada pola Confederación Intersindical Galega (CIG), no marco da campaña ‘Stop Precariedade.Traballo Digno’, para esixir un “xiro de 180 graos” nas políticas laborais para garantir emprego e salarios dignos fronte á pobreza que afecta a cada vez máis traballadoras e traballadores na cidade.

“O BNG entendemos que é moi necesario o debate desta moción nun contexto marcado pola destrución de 7.000 empregos en Vigo dende 2009, cunha importante e preocupante perda de postos de traballo en sectores chave da industria viguesa”, salientou o portavoz municipal do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, quen presentou este xoves en rolda de prensa a moción xunto co secretario comarcal da CIG, Alberto Gonçalves.

Igrexas explicou que o Bloque defenderá esta batería de medidas diante da decisión “autoritaria e antidemocrática” do alcalde, Abel Caballero, de impedir que a CIG, como primeira forza sindical en representatividade e afiliación en Vigo, interveña no Pleno municipal para trasladar estas iniciativas, como si está a poder facer a central sindical noutros concellos da comarca.

O portavoz nacionalista lamentou que o único emprego que se está a crear na cidade sexa “precario e ultratemporal”, facendo que cada vez sexan máis as traballadoras e traballadores pobres. “Persoas que malia teren un emprego teñen serias dificultades para asumir os gastos máis básicos, con fogares nos que a día 15 sexa xa fin de mes por causa dos baixos salarios”, denunciou.

Unha crecente precariedade que, a xuízo do Bloque, agravouse tras dous anos da última reforma laboral do PSOE e de Sumar que “mantivo intactos os elementos máis lesivos das reformas do PP” facilitando o despedimento, dando prioridade aos convenios estatais fronte aos galego, consolidando o “roubo” de dereitos laborais como a redución das indemnizacións e alargando o período de cómputo das pensións. “As consecuencias da reforma demostran os motivos polos que o BNG nos opuxemos”, valorou Igrexas.

Catro medidas polo emprego digno

De por parte, o secretario comarcal da CIG presentou as principais medidas recollidas na moción sobre catro grandes eixos. Así, Gonçalves reclamou a Xunta a urxente aprobación dun Plan galego de recuperación económica e industrialización que permita crear emprego digno. No caso do Goberno español, demandou un “cambio radical” na reforma laboral de 2021, que considerou unha “traizón” do PSOE e Sumar ao incumprir a promesa de electoral de derrogar de forma íntegra as reformas laborais do PP.

Dende a central sindical instan tamén aos Gobernos galego e español a aprobar cambios lexislativos para avanzar cara a redución da xornal laboral semanal a catro días, con 32 horas á semana, para favorecer a repartición do traballo no actual escenario de avances tecnolóxicos.

Aliás, Gonçalves urxiu un Marco Galego de Relacións Laborais que permita decidir e negociar en Galiza os convenios colectivos e as condicións de traballo, de forma directa e democrática, con solucións axustadas á realidade social, industrial, económica e demográfica propia. Nesa liña, demadou o Goberno español a aprobación dun novo Decreto para a recuperar a prevalencia dos convenios colectivos autonómicos, así como completar as transferencias das competencias pendentes en materia de emprego.

“O resultado desta reforma laboral é unha clase traballadora empobrecida, xa que se instaura por lei a inestabilidade e inseguridade e se institucionaliza a pobreza laboral”, cuestionou Gonçalves, subliñando que esta realidade é especialmente grave entre a mocidade e as mulleres.

“Neste tempo vimos como segue a medrar a contratación a tempo parcial con infrasalarios e a fixo-discontinua, mentres se permite o abuso o uso fraudulento dos períodos de proba como subterfuxio para impoñer o despedimento libre e gratuíto, e tamén como se reforzou o papel das ETTs e das axencias privadas de colocación”, denunciou, afeando que estas novas modalidades de contratación buscan “maquillar” as cifras oficiais para “camuflar” a multiplicación da precariedade.

Relacionadas

A Deputación concede preto de 30.000 euros ao Concello de Campo Lameiro para dotar...

0
Trátase de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que distribuíu xa máis de 2,4 millóns de euros entre concellos da provincia de menos...

Tomiño intensifica a loita contra os incendios coa apertura de case 500 expedientes para...

0
No 2023 tramitáronse 174 denuncias que afectaban a 497 parcelas. A maioría dos expedientes resolvéronse enviando unha soa notificación O Concello ten un programa único...

Luis López amosa o apoio da Deputación ao BM Porriño, que busca o pase...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a vicepresidenta Luisa Sánchez asisten no Pavillón Municipal do Porriño ao partido de ida das...

Corte de tráfico por obras de asfaltado no camiño da Quirincosta

0
A concellería de Infraestruturas e Sostibilidade, que dirixe Roberto Villar, advirte que o vindeiro luns, 6 de maio, estará cortado ao tráfico o camiño...

O Celta feminino terá identidade mosense

0
A sección de fútbol feminino da UD Mos será o embrión do novo proxecto celeste A Unión Deportiva Mos será o Celta Feminino. Esta foi...

O Concello de Baiona honra a José Trigo Pereira ‘Miolo’ nos seus 102 aniversarios

0
José Trigo Pereira, coñecido cariñosamente como ‘Miolo, recibiu a homenaxe do municipio con motivo dos seus 102 aniversarios. O Concello de Baiona quixo mostrarlle o...

Publicacións Relacionadas