HomeTabeirósCerdedo - CotobadeO BNG demanda un plan de melloras urxentes no Lugar de...

O BNG demanda un plan de melloras urxentes no Lugar de Vilanova, Tenorio

- Anuncio -spot_img

Filgueira propón a creación dun nucleo de centralidade, mellorar os  accesos e os servizos de recollida de pluviais, saneamento e iluminación  pública, así como extender a fibra óptica a todo o lugar 

O BNG foi convidado a participar nun encontro con  veciños e veciñas do lugar de Vilanova, na parroquia de Tenorio, que denunciaban o “abandono”  do lugar e da falta de servizos que tiñan. 

Efectivamente, “constatamos múltiples e importantes deficiencias: falta de limpeza nas  canalizacións de pluviais, solagamento da marquesiña escolar en días de chuvia, falta de  saneamento en múltiples zonas, ausencia total de fibra óptica, entre outras”, afirmou o portavoz  nacionalista, Ernesto Filgueira. 

Está claro que Vilanova, en palabras de Filgueira, “precisa unha actuación integral, moito máis  alá de dar solucións aos problemas citados, por iso instamos ao goberno municipal a crear un  nucleo de centralidade na contorna da Casa do Pobo, coa creación dunha praza empedrada,  ordeada e co tráfico calmado, para que a veciñanza conte cun espazo de identidade propia que  permita desenvolver a vida social, cultural e de lecer”.  

Alén da creación deste espazo de centralidade, o portavoz nacionalista incide na importancia  de mellorar as vías de acceso ao propio nucleo, mellorando ademais o saneamento, a  iluminación e a rede de pluviais.  

Por último o portavoz do BNG insta ao goberno municipal a realizar as xestións precisas para  que a fibra óptica chegue a toda Vilanova, e a traballar na política de residuos, mellorando a  recollida selectiva, creando illas para os colectores, e distribuindo composteiros individuais ás  vivendas do lugar. 

Todas estas demandas, en forma de moción, van ser debatidas no pleno de mañán en Cerdedo Cotobade.

Publicacións Relacionadas