Home Pontevedra Caldas O BNG esixe criterios claros para a adxudicación de prazas da ludoteca

O BNG esixe criterios claros para a adxudicación de prazas da ludoteca

- Anuncio -

“Non parece lóxico que pague o mesmo pola ludoteca de verán unha familia que ten dificultades para chegar a final de mes e precisa o servizo para poder conciliar que outra que gañe 100.000€ ao ano” sinalou Manuel Fariña.

O BNG propón que o Concello de Caldas aplique un sistema de baremación que teña en conta a conciliación laboral e familiar e a situación económica familiar para a adxudicación de prazas e a fixación de prezos da ludoteca de verán municipal. Así mesmo, este sistema debe contar con criterios claros e obxectivos que garantan a xustiza social tanto na adxudicación de prazas como na fixación dos prezos.

Nun contexto como o actual, con unha inflacción absolutamente disparada que está a poñer a moitas familias contra as cordas, o goberno local pretende adxudicar as prazas da ludoteca con un sistema de “sálvese quen poida” no que o único criterio para a adxudicación dunha praza sexa a orde de chegada na entrega da documentación. Por outra banda, a proposta do PSOE fixa un prezo que non ten en conta en absoluto a situación económica das familias, o que implica na práctica unha clara discriminación cara as familias que peor o están pasando nesta crise.

A ludoteca de verán é un servizo que debe buscar a conciliación laboral e familiar das familias, polo que non se entendería que o PSOE tirase cara adiante coa súa proposta sen atender a estes criterios mínimos de xustiza social.

“A conciliación laboral e familiar dos caldenses non pode depender dunha carreira de velocidade para ver quen presenta antes a solicitude” afirmou Fariña.

Relacionadas

A Deputación financiará integramente dous proxectos de modernización de instalacións deportivas no Grove e...

0
No Grove financiará o 100% do acondicionamento do pavillón de deportes do CEIP Plurilingüe Conmeniño, que ascende a 303.000 €, e en Vilanova a...

Os licores espirituosos de Pazo de Valdomiño contan xa co selo de Garantia Galicia...

0
Ana Méndez, xerente do organismo da Xunta de Galicia, destaca o esforzo desta destilería para elaborar licores de calidade partindo da mellor materia prima A...

A Campaña de Verán da Xunta de Galicia presenta un Campo de Voluntariado nas...

0
• Conta con 20 prazas para participantes de 18 a 30 anos e desenvolverase entre o 23 de xullo e o 3 de agosto •...

Cuntis habilita un novo punto de recarga para vehículos eléctricos na Rúa Xoán Xesús...

0
• O dispositivo leva en funcionamento desde hai aproximadamente un mes e foi adquirido e instalado polo Concello a través de fondos propios, sumándose...

A Deputación investirá 150.000 euros na dotación de illas ecolóxicas e na instalación de...

0
Estas iniciativas, enmarcadas no proxecto “Da túa man” (rural), beneficiarán a Agolada, Arbo, Barro, Campo Lameiro, Cuntis, Forcarei, Meis, Mondariz, As Neves, Rodeiro e...

O Concello de Tomiño solicita á FEGAMP que convoque unha reunión urxente entre a...

0
A alcaldesa de Tomiño apela a colaboración institucional para dar unha solución a unha problemática que pon en risco o modelo de convivencia entre...

Publicacións Relacionadas