Home Pontevedra A Paradanta O concello de Arbo, acomete obras de mellora no campo de futbol...

O concello de Arbo, acomete obras de mellora no campo de futbol municipal

- Anuncio -

• Importe do contrato: 26.759,15 € (IVE incluído do 21% que ascende a 4.644,15 €)

• As obras serán financiadas ao 50% do importe pola Secretaría Xeral de Coordinación Territorial do Ministerio de Política Territorial (13.379,58 €) e polo Concello de Arbo, con cargo a fondos propios (13.379,58 €)

• A intervención que se pretende realizar é a reparación do muro do Campo de Fútbol Municipal de Arbo e as obras serán realizadas por unha empresa local.

Por mor do temporal de chuvia e das fortes rachas de vento rexistradas en Arbo, no lateral dereito fronte a grada do campo municipal de Arbo sufriu graves danos, polo que é necesario realizar unha adecuada reparación de forma urxente, por mor da súa caída e danos que poida causar.
Na actualidade, o muro encóntrase nun estado de perigo xa que a chuvia provocou a súa apertura. A zona afectada esta rodeada por vallas para evitar calquera tipo de accidente, pero a necesidade de reparación ven sendo de caracter urxente.
Á vista do expediente que se tramitou para a obtención dunha subvención ante a Secretaria General de Coordinación territorial, para a actuación denominada “OBRAS DE REPARACIÓN DE MURO EN CAMPO DE FUTBOL MUNICIPAL DE ARBO”, o citado organismo outorgou unha achega ao concello de Arbo por importe de 13.379,58 € sendo o importe total da actuación de 26.759,15 € (IVE incluído do 21% que ascende a 4.644,15 €), polo que o concello terá que facer fronte con cargo a fondos propios dos 13.379,58 €

Obxecto do contrato:

A intervención que se pretende realizar é a reparación do muro do Campo de Fútbol Municipal de Arbo, coas seguintes actuacións.

  • Desmontado da parte do muro afectada con retirada de escombros
  • Execución de zapata corrida de formigón armado
  • Colocación de postes de aceiro galvanizado incluído tensores e rede
  • Colocación de muro de bloque
  • Colocación de porta

O importe do contrato ascende á cantidade de 26.759,15 € (IVE incluído do 21% que ascende a 4.644,15 €) e se establece un prazo de execución para as obras proxectadas de tres (3) meses.
A mellora das instalacións deportivas e o apoio aos clubs deportivos é a clara predisposición do Concello de Arbo.
É necesario, tendo en conta que a tempada futbolística comeza no mes de outubro, e que o Arbo C.F conta con categorías inferiores, a inmediata realización destas obras para evitar posibles danos a terceiros, así como aos nenos e nenas participantes na actividade, adestradores e público asistente.

Relacionadas

A Deputación financiará integramente dous proxectos de modernización de instalacións deportivas no Grove e...

0
No Grove financiará o 100% do acondicionamento do pavillón de deportes do CEIP Plurilingüe Conmeniño, que ascende a 303.000 €, e en Vilanova a...

Os licores espirituosos de Pazo de Valdomiño contan xa co selo de Garantia Galicia...

0
Ana Méndez, xerente do organismo da Xunta de Galicia, destaca o esforzo desta destilería para elaborar licores de calidade partindo da mellor materia prima A...

A Campaña de Verán da Xunta de Galicia presenta un Campo de Voluntariado nas...

0
• Conta con 20 prazas para participantes de 18 a 30 anos e desenvolverase entre o 23 de xullo e o 3 de agosto •...

Cuntis habilita un novo punto de recarga para vehículos eléctricos na Rúa Xoán Xesús...

0
• O dispositivo leva en funcionamento desde hai aproximadamente un mes e foi adquirido e instalado polo Concello a través de fondos propios, sumándose...

A Deputación investirá 150.000 euros na dotación de illas ecolóxicas e na instalación de...

0
Estas iniciativas, enmarcadas no proxecto “Da túa man” (rural), beneficiarán a Agolada, Arbo, Barro, Campo Lameiro, Cuntis, Forcarei, Meis, Mondariz, As Neves, Rodeiro e...

O Concello de Tomiño solicita á FEGAMP que convoque unha reunión urxente entre a...

0
A alcaldesa de Tomiño apela a colaboración institucional para dar unha solución a unha problemática que pon en risco o modelo de convivencia entre...

Publicacións Relacionadas