Home Vigo Baiona O Concello de Baiona e AFAGA poñen en marcha do programa “Coidándome”

O Concello de Baiona e AFAGA poñen en marcha do programa “Coidándome”

- Anuncio -

O Concello de Baiona, a través dos Servizos Sociais Comunitarios, e AFAGA, a Asociación de Familiares de Alzheimer e outras demencias de Galicia, organizan o programa psicoeducativo para coidadores familiares de persoas dependentes “Coidándome”. Desenvolverase dende o 30 de setembro ata o 16 de decembro cun total de 12 sesións os venres de 10:30 a 12.30h no Centro Sociocomunitario de Baiona, rúa Dolores Agrelo, 16.

Este programa forma parte das accións desenvoltas dende o Departamento de Servizos Sociais Comunitarios do Concello de Baiona no marco do convenio asinado con AFAGA. Vai dirixido á aquelas persoas que teñan familiares dependentes. Os interesados deberán inscribirse e cubrir a solicitude que facilitan no Departamento de Servizos Sociais e presentar o modelo oficial de solicitude por rexistro de entrada na casa do concello. Como requisito necesario figura que deben ser persoas empadroadas no Concello de Baiona. Na folla de inscrición se recollen os seguintes datos: nome e apelidos, enderezo, n.º DNI, data de nacemento, teléfono de contacto.

O programa “Coidándome” busca ofrecer unha atención integral aos coidadores familiares para previr ou minimizar as consecuencias que ten na súa propia saúde as atencións continuadas a un familiar maior con dependencia. Empregando unha metodoloxía grupal informarase e formarase aos participantes, apoiándoos emocionalmente e promocionando momentos de descanso activo e relación social con outras persoas na mesma situación.

En concreto ao longo das 12 sesións do programa, e estruturadas en catro áreas: Saber e Coñecer, Autocoidado, Eficacia para o día a día, e Emocionario, abordaránse as patoloxías que causan dependencia nas persoas maiores, formarase aos participantes en técnicas sanitarias para previr riscos no domicilio e que poidan prestar actuación de atención directa de calidade. Tamén se orientará sobre os recursos que ofrece a comunidade para coidar a un familiar dependente, se promocionará o autocuidado do coidador familiar, se traballará en aspectos emocionais para asumir o rol de coidador.

12 sesións formativas e terapéuticas impartidas polo equipo técnico de AFAGA. Segundo a sesión que se trate a impartirá un profesional distinto: Psicóloga, Traballadora Social, Enfermeira, Avogado, Terapeuta ocupacional, Fisioterapeuta.

As persoas interesadas poden acadar máis información sobre “Coidándome” no Departamento de Servizos Sociais Comunitarios do Concello de Baiona, situado na planta baixa da casa do concello, ou no teléfono 986 38 59 26.

Relacionadas

A Deputación financiará integramente dous proxectos de modernización de instalacións deportivas no Grove e...

0
No Grove financiará o 100% do acondicionamento do pavillón de deportes do CEIP Plurilingüe Conmeniño, que ascende a 303.000 €, e en Vilanova a...

Os licores espirituosos de Pazo de Valdomiño contan xa co selo de Garantia Galicia...

0
Ana Méndez, xerente do organismo da Xunta de Galicia, destaca o esforzo desta destilería para elaborar licores de calidade partindo da mellor materia prima A...

A Campaña de Verán da Xunta de Galicia presenta un Campo de Voluntariado nas...

0
• Conta con 20 prazas para participantes de 18 a 30 anos e desenvolverase entre o 23 de xullo e o 3 de agosto •...

Cuntis habilita un novo punto de recarga para vehículos eléctricos na Rúa Xoán Xesús...

0
• O dispositivo leva en funcionamento desde hai aproximadamente un mes e foi adquirido e instalado polo Concello a través de fondos propios, sumándose...

A Deputación investirá 150.000 euros na dotación de illas ecolóxicas e na instalación de...

0
Estas iniciativas, enmarcadas no proxecto “Da túa man” (rural), beneficiarán a Agolada, Arbo, Barro, Campo Lameiro, Cuntis, Forcarei, Meis, Mondariz, As Neves, Rodeiro e...

O Concello de Tomiño solicita á FEGAMP que convoque unha reunión urxente entre a...

0
A alcaldesa de Tomiño apela a colaboración institucional para dar unha solución a unha problemática que pon en risco o modelo de convivencia entre...

Publicacións Relacionadas