Home O Morrazo Cangas O concello de Cangas repara a Pontella de Nerga como parte necesaria...

O concello de Cangas repara a Pontella de Nerga como parte necesaria para protexer o espazo dunar da Costa da Vela

- Anuncio -

A alcaldesa, Victoria Portas, considerou urxente a reposición dunha pontella deteriorada en Nerga que interrompía a senda Cangas-Donón e danaba unha contorna protexida. Hoxe os traballos de instalación dunha nova xa comezaron.

O Concello de Cangas solicitou no mes de febreiro un ha subvención á Consellería de Medio Ambiente por un importe de 24.200 euros para fabricar unha nova pontella sobre o río de Arriba, en Nerga, cun deterioro tan acusado que é intransitable e interrompe a operatividade da Senda Costeira Cangas-Donón. Coa reposición da pasarela o Concello busca protexer as dunas, incluídas no espazo protexido Zona de Especial Conservación Costa da Vela e fomentar o sendeiro azul coa creación das pasarelas elevadas. Debido á mobilidade da area, as dunas e as plantas que conforman o hábitat dunar son fráxiles e moi sensibles ao pisoteo polo que o Concello de Cangas quere correxir as deficiencias con celeridade para axudar á recuperación do hábitat natural do entorno.

Dita subvención foi concedida por importe de 20.000 € e foi licitada, sendo adxudicataria a empresa ACRY DE PROMOCIONES Y OBRAS SL por importe de 17.455,00 €.

Os traballos, que teñen o informe favorable da Consellería de Medio Ambiente, do Servizo Provincial de Costas e de Augas de Galicia, consisten na retirada dos restos da pasarela que vadea o regato e a instalación doutra de similares características; o rozado da vexetación na zona de traballo atendendo ás directrices sobre mantemento e limpeza nos tramos fluviais e a colocación dunha nova pontella en madeira tratada

Este espazo é un dos enclaves esenciais do patrimonio natural de Cangas, incluído no Plan Director da Rede Natura 2000 de Galicia, do que fai uso habitual a propia veciñanza e persoas interesadas en coñecer as áreas arqueolóxicas, miradores e as catro praias da contorna, na que tamén se encontran varias rutas de sendeirismo, pistas forestais e viais secundarios.

É unha pena que teñamos que soamente actuar na nosa rede natural e na nosa contorna cando conseguimos subvencións para elo, pois a partida destiñada a medio ambiente soamente ascende a 12.250 € mentras que o novo orzamentos incrementaba esa partida aos 70.150 € e foi rexeitado polos votos do PP e do PSOE. Precisamos facer actuacións máis impactantes no coidado da nosa contorna e para eso precisamos facelo con fondos propios que existen.

Relacionadas

A Deputación financiará integramente dous proxectos de modernización de instalacións deportivas no Grove e...

0
No Grove financiará o 100% do acondicionamento do pavillón de deportes do CEIP Plurilingüe Conmeniño, que ascende a 303.000 €, e en Vilanova a...

Os licores espirituosos de Pazo de Valdomiño contan xa co selo de Garantia Galicia...

0
Ana Méndez, xerente do organismo da Xunta de Galicia, destaca o esforzo desta destilería para elaborar licores de calidade partindo da mellor materia prima A...

A Campaña de Verán da Xunta de Galicia presenta un Campo de Voluntariado nas...

0
• Conta con 20 prazas para participantes de 18 a 30 anos e desenvolverase entre o 23 de xullo e o 3 de agosto •...

Cuntis habilita un novo punto de recarga para vehículos eléctricos na Rúa Xoán Xesús...

0
• O dispositivo leva en funcionamento desde hai aproximadamente un mes e foi adquirido e instalado polo Concello a través de fondos propios, sumándose...

A Deputación investirá 150.000 euros na dotación de illas ecolóxicas e na instalación de...

0
Estas iniciativas, enmarcadas no proxecto “Da túa man” (rural), beneficiarán a Agolada, Arbo, Barro, Campo Lameiro, Cuntis, Forcarei, Meis, Mondariz, As Neves, Rodeiro e...

O Concello de Tomiño solicita á FEGAMP que convoque unha reunión urxente entre a...

0
A alcaldesa de Tomiño apela a colaboración institucional para dar unha solución a unha problemática que pon en risco o modelo de convivencia entre...

Publicacións Relacionadas