Considerado un dos mellores músicos de jazz de todo o país, ofrecerá un concerto de piano solo no Auditorio Municipal ás 20:00 horas con entrada de balde
O Concello de Nigrán abre este sábado 23 de marzo co gran pianista galego Abe Rábade o seu segundo ciclo ‘Primavera de Jazz’, un evento que novamente ofrece tres citas impresicindibles cos mellores músicos (David Regueiro Trío o sábado 20 de abril e Diego Alonso o sábado 1 de xuño). Os tres concertos contan coa colaboración da Deputación de Pontevedra a través da liña 2 do plan ‘Máis Provincia’ e son gratuítos, no Auditorio Municipal, e ás 20:00 horas.
Rábade, pianista e compositor nacido en Compostela o 8 de setembro de 1977, está considerado como un dos mellores músicos de jazz de todo o país. Conta con quince discos como líder (Botánica, o máis recente, editado por Nuba Records no 2022), estreou dúas composicións sinfónicas (Tránsitos no 2015 e Tempos Velados no 2018), outras tres obras poético-musicais (Rosalía 21 no 2008, Travesía dos Poetas no 2010 e Lorca Namorado no 2019). É autor de 200 composicións en estilos como jazz, clásica, experimental e músicas de raíz. Actúa con numerosas figuras de reconocido prestixio internacional en concertos e festivais de todo o mundo. Así mesmo, ofrece múltiples masterclasses en centros especializados.
Licenciado Cum Laude en Jazz Composition e Piano Performance por Berklee College of Music (Boston, EEUU) no 1999, actualmente é docente nos conservatorios superiores de música de Galiza e Portugal.

