Terá un enfoque músico-terapéutico dirixido a empoderar ás mulleres, polo que non é preciso “cantar ben”
O Concello de Nigrán, a través do Centro de Información ás Mulleres (CIM), pon en marcha o obradoiro “Con voz propia” destinado a mulleres maiores de 18 anos ás que lles guste cantar (non se precisa cantar “ben”). A acción se encadra na programación do 25-N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.
A cabalo entre a canto-terapia e a aula de música común, o obradoiro combinará as estratexias propias do ensino convencional do canto cun enfoque músico-terapéutico, facendo da expresión musical un vehículo para a expresión emocional e o apoderamento das mulleres
Será impartido por Cristal Méndez, desenvolverase os luns no Auditorio Municipal, en horario de 10:00 h. a 13:00 h, desde o día 28 de outubro ata o día 16 de decembro. Terán preferencia as mulleres empadronadas en Nigrán.
O prazo de inscrición comezará o día 14 de outubro e rematará o día 24 de outubro. As mulleres interesadas deberán enviar un correo ao seguinte enderezo electrónico cim@nigran.org, facendo constar o seu nome completo, DNI e teléfono.
Para mais información pódese contactar co CIM no teléfono 986 303081

