Os deportistas individuais percibiron cada un 600 €
O Concello de Nigrán ven de conceder 26.680 € en subvencións a 16 clubes deportivos do municipio e outros 4.371 € repartidos entre 8 deportistas de elite nigranses que practican diferentes disciplinas. En concreto, os deportistas que percibiron unha axuda individual de 600 € son as ximnastas Lara Maciel, Amanda Agüero, Blanca Santos, Daniela e Sofía Campos Losada (todas do Acroclub Nigrán), as atletas Uxía Denis e Nayr Cortegoso (Club Atletismo Nigrán) e o surfista Gonzalo Trapero.
Coma na derradeira convocatoria, valoráronse aspectos como número de federados e cantos son de Nigrán, nivel de competición, número de adestradores titulados…
“Estamos moi orgullosos sos clubes deportivos de Nigrán porque son un motor imprescindible de promoción da saúde física e mental, do desenvolvemento de valores e mesmo de cohesión veciñal”, considera o alcalde, Juan González.

