Ovalmi as achegará directamente aos seus asociados e os demáis establecementos deberán acudir á Oficina de Información Cidadá do Concello de 9:00 a 14:00 horas para recollelas
O Concello arranca esta semana esta nova campaña protagonizada, como sempre, polos propios comerciantes instalando as primeiras vallas e publicando banners
O Concello de Nigrán e Ovalmi iniciaron esta semana a achega de máis de 8.000 bolsas e sobres de papel kraf coa campaña #EsteNadalMercaEnNigrán para os establecementos do municipio. Ovalmi as entregará directamente aos seus asociados nestes días e os demáis establecementos do municipio (non asociados e adicados directamente ao comercio polo míudo ou salóns de beleza) deberán acudir a partir do luns 9 de decembro á Oficina de Información Cidadá do Concello de 9:00 a 14:00 horas para recollelas. Entregaranse ata fin de existencias.
Por outra parte, sete novos rostros de coñecidos comerciantes da localidade protagonizan xa campaña do Concello con banners dixitais, vallas e anuncios. Nos vindeiros días sumaranse outros seis ‘repetidores’.
“A campaña de Nadal de promoción do comercio local é xa unha tradición do Concello de Nigrán que arrancamos nos pero que agora nos reclaman cada ano os comerciantes porque funciona moi ben nunhas datas de moitas compras. Serve tamén para conciencienciar á cidadanía da responsabilidade individual de cada un de nos á hora de consumir e dá continuidade ao noso traballo ao respecto”, defende o alcalde, Juan González, quen considera que “o mellor reclamo é porlle cara aos nosos comerciantes”, polo que o Concello segue apostando por este tipo de campaña personalista.

