O concello de Nigrán e Prezero inician o reparto de 250 contenedores separativos de vidro e orgánico entre os negocios e colexios do municipio

Redacción

Esta iniciativa estréase por vez primeira no municipio e constitúe unha das melloras que se esixían no novo contrato do lixo

“Nas vindeiras semanas a veciñanza vai a empezar a notar grandes cambios no servizo”, explica o alcalde, Juan González, quen incide en que “Os particulares tamén van dispoñer de contedores orgánicos comunitarios e os de lixo convencional van ser inclusivos”

O Concello de Nigrán, a través de Prezero, concesionaria do servizo de recollida de lixo e limpeza viaria, emprendeu esta semana o reparto de 250 contedores separativos de materia orgánica e vidro para recollida porta a porta entre todos os negocios de hostalería, alimentación e colexios. Esta iniciativa se estrea por vez primeira no municipio e constitúe unha das melloras que se esixían no novo contrato do lixo, adxudicado en abril deste ano por 29,7 millóns de euros e unha duración de 10 anos (as bases estipulaban que a empresa realizase un investimento inicial de 3´4 millóns de euros para aumentar nun 20% o número de contedores e renovalos todos, ademais de dispor obrigatoriamente dunha flota de vehículos e maquinaria totalmente nova).

“Nas vindeiras semanas a veciñanza vai a empezar a notar grandes cambios no servizo de recollida do lixo que se corresponden ás esixencias do novo contrato e a súa entrada en vigo”, explica o alcalde, Juan González, quen fai fincapé en que o reparto destes contenedores se extenderá o que queda de mes mentras se van introducindo outros cambios. “Os particulares tamén van dispoñer de contedores orgánicos comunitarios e os de lixo convencional van ser inclusivos para que calquera persoa en cadeira de rodas poida empregalos, imos paso a paso”, engade.

Deste xeito, en canto esté realizado este reparto, o persoal de Prezero pasará diariamente entre as 7:00 e 11:00 horas a recoller o contedor de birresiduos á porta de cada negocio ou centro educativo; o vidro se recollerá do mesmo xeito os martes, xoves e sábados de 11:00 a 13:30 horas e, finalmente, a recollida de cartón e papel farase sen contedor, senon apilado, os luns, mércores e venres de 11:00 a 13:30 horas. “Todos os contedores ou o papel deberán estar na vía pública antes do inicio da recollida, sendo obriga do persoal de cada negocio facer unha separación correcta do lixo”, explican desde Prezero, onde teñen cuantificados 150 puntos para repartir recipientes de orgánico con capacidade para 360 litros (fundamentalmente hostalaría pero tamén colexios ou a praza de abastos da Ramallosa), 91 locales para o vidro (tamén fundamentalmente hostalaría) e unha trintena para a recollida de papel e cartón. “Estamos a falar da recollida en negocios ou centros xeradores de lixo como os colexios, as condicións para que o fagan os particulares tamén van mellorar exponencialmente”, insiste o rexedor.

Neste sentido, compre recordar que o novo contrato deste servizo incorpora na súa cobertura os diferentes SAUs ou Porto do Molle, zonas que non figuraban no anterior por ser urbanizacións posteriores ao ano 2004, cando entrara en vigor. “O actual contrato ten visión de futuro no seu plantexamento, cubrirá todo o territorio independentemente do desenvolvemento urbanístico que experimente Nigrán nos próximos 10 anos”, destaca.

Comparte este artigo