O concello de Nigrán multiplica a cantidade de cartos destinados a subvencionar as actividades das entidades culturais, veciñais e festeiras do municipio

adminON
Lectura mínima de 2

O prazo de solititude abre este martes 29 de outubro tras terse publicado hoxe no BOPPO


O Concello pasa dun orzamento total de 50.000 € para subvencións a estas asociacións a 120.000 €, incrementándose especialmente no caso das achegas ás comisións de festas, de 1.000 € a 4.000 €

O Concello de Nigrán practicamente triplica neste ano as axudas ás asociacións do municipio por organizar actividades culturais, veciñais e festeiras, pasando dun orzamento total de 50.000 € a 120.000 €. O prazo de solititude abre este martes 29 de outubro tras terse publicado o anuncio no BOPPO de hoxe. Así, as comisións de festas poderán solicitar ata 4.000 € fronte aos 1.000 € do ano 2023, as asociacións culturais pasarán de de 2.000 € como máximo a 2.500 € e as asociacións veciñais de 500 € de tope por fomento e consolidación do asociacionismo a 1.500 €. Quedan pendentes de publicación as axudas a entidades deportivas, cuxas bases se presentan no pleno ordinario de mañá.
“Consideramos que era preciso actualizar o importe das axudas para que non se quedasen curtas e, tendo en conta o difícil que é que se formen comisións de festas, decidimos cuadriplicar ás súas subvencións para facilitarlles a tarefa. O noso compromiso é de máxima colaboración con todos os colectivos do municipio, que son os grandes promotores das actividades lúdicas, culturais, deportivas ou festeiras, por iso esta liña de axudas resulta esencial”, explica o alcalde, Juan González, quen encomia o seu “traballo desinteresado na promoción de todos estes aspectos que fan comunidade e que xeran un Nigrán máis amable para as persoas”.

Comparte este artigo