O día anterior, xoves 19, será no Centro Comercial Nasas o concerto ‘Tubanadal’ de tubas e bombardinos
O Concello de Nigrán, dentro da súa programación especial de Nadal, ofrece este venres 20 de decembro ás 20:00 horas na Igrexa de Santiago de Parada o concerto do trío de cámara da Unión Musical de Valladares. A formación estará composta pola soprano Indra Sesti, Rebeca Núñez ao violoncello e David Piñeiro ao clarinete. Interpretarán obras de Haendel, Vivaldi, Bach, Manuel de Falla, Albéniz, Granados e Enio Morricone.
A música clásica ten especial relevancia neste Nadal Nigranés. Así, o día anterior, xoves 19, terá lugar o ‘tubanadal’ (concerto de tubas e bombardinos) ás 18:00 horas no Centro Comercial Nasas en colaboración con ‘JuanMaríaSenEtiquetas’. Ademais, o tradicional concerto de fin de ano será o día 29 a cargo de Nerea Rodríguez ao acordeón liderando SHI Quartet (20:00 horas). Finalmente, a banda de metais Misxtura Ensemble da Unión Musical de Valladares tocará o día 3 ás 20:00 horas.

