O concello de Nigrán traslada o concerto de “Tangomango” este domingo ao Auditorio Municipal

Redacción

As ‘Tardes na Solaina’ péchanse este 28 de agosto en Patos con ‘Los Deltonos’ e ‘Cow Caos’

O Concello de Nigrán, ante a previsión de choiva, traslada da Foz ao Auditorio Municipal o concerto de Tangomango programado para este domingo 23 de agosto ás 19:30 horas. A actuación forma parte do festival ‘Tardes na solaina’, sendo este un grupo de soul-funk da comarca con letras en castelá na voz de Toño López (BlackStereo).

As ‘Tardes na Solaina’ rematarán o venres 28 de agosto no aparcadoiro de Patos-Praia de Abra, onde como broche de ouro deste festival iniciado o 26 de xullo terá lugar o concerto do mítico grupo de rock cántabro ‘Los Deltonos’ e os lisboetas ‘Cows Caos’, conxunto de rock tropical e psicodélico. Todos estes concertos son de balde.

“Somos un Concello recoñecido pola súa aposta pola música en directo e seguiremos vogando neste sentido, especialmente no verán, cando podemos gozar ao aire libre e en contornas espectaculares”, explica o alcalde, Juan González. ‘Tardes na Solaina’ sumou desde o pasado 26 de xullo concertos de grupos como Mesteño, Mambas Negras, Stoned at Pompeii, Dorrey Lyles & Marcos Coll , Arizona Baby e Dakidarría este xoves 27.

Comparte este artigo