Home Pontevedra Caldas O Concello de Pontecesures instará a Xestur a facer un estudo de...

O Concello de Pontecesures instará a Xestur a facer un estudo de tráfico dos accesos ao parque empresarial que inclúa a conexión contemplada no PXOM de 2003, aprobado por PSOE e BNG

- Anuncio -

Juan Manuel Vidal: “é cando menos sorpresivo que un informe asinado hai 8 meses vexa a luz a menos de 60 días das eleccións. Supoño que non foi filtrado con ningunha pretensión de axudar a socialistas e nacionalistas cesureños na súa teima de botar por terra o parque empresarial”

O Concello de Pontecesures instará a Xestur a que elabore un estudo de tráfico sobre posibles afeccións á rede de estradas do Estado, e concretamente á N-550, derivadas da construción do polígono empresarial de Pontecesures. Un informe que inclúa a conexión contemplada xa no PXOM de 2003, a través dun viario desde a intersección de Doutor Mosquera coa N-550 ata a rotonda da Charca. Un acceso ao parque empresarial proposto polo equipo redactor do PXOM e que foi aprobado cos votos a favor de nacionalistas e socialistas.

O alcalde de Pontecesures, Juan Manuel Vidal, lembra que “o que fai o Ministerio de Transporte no seu informe é lembrar a necesidade de presentar un estudo de tráfico xa que entende que o acceso único desde a N-550 podería supoñer unha alteración no nivel de servizo e seguridade viaria desta estrada. O que terá que facer Xestur é presentar esa proposta de acceso alternativa, que curiosamente xa estaba recollida no Plan Xeral aprobado hai 20 anos por PSOE e BNG, para que avalíen a súa viabilidade conforme ao que require o Regulamento Xeral de Estradas”.

Neste sentido, o alcalde de Pontecesures lembra que o informe do Ministerio de Transporte “é un máis dos informes sectoriais que require a instalación do polígono. Tal e como me comprometín coa veciñanza: se os informes son negativos, o polígono non se fará. Se, como neste caso, son cuestións solucionables, o proxecto seguirá a súa tramitación cunha escrupulosa aplicación da normativa xa que consideramos que é positivo para os seus veciños e veciñas”. “Desde o equipo de Goberno de Pontecesures instaremos a Xestur a que presente unha proposta de reordenación e accesos conforme ao que require o Ministerio e que continúa co desenvolvemento do proxecto do parque empresarial, que consideramos fundamental para o desenvolvemento económico deste municipio”, adianta Juan Manuel Vidal.

Utilización partidista

Así mesmo, Vidal Seage considera que “é cando menos sorpresivo que un informe asinado hai oito meses, 19 de xullo de 2022, vexa a luza a menos de sesenta días das eleccións. Supoño que non foi filtrado con ningunha pretensión de axudar a socialistas e nacionalistas cesureños na súa teima de botar por terra o parque empresarial de Pontecesures”. Ademais, considera que o acceso alternativo contemplado no PXOM “non debera supoñer unha sorpresa para os actuais candidatos do PSOE e BNG, que no Pleno no que se aprobou o Plan Xeral dicían os socialistas que o polígono dinamizaría o municipio mentres os nacionalistas recordaban que o urbanismo é máis serio que as posibles presións”.

Juan Manuel Vidal reafírmase en que a creación deste polígono empresarial será beneficioso para a veciñanza pois permitirá a instalación de novas empresas, coa conseguinte creación de postos de traballo, facilitará o asentamento de poboación, permitirá mellorar os servizos municipais e mesmo minimizará os riscos de inundacións nas rúas da Charca, Devesa e Campaña.

Relacionadas

A Deputación financiará integramente dous proxectos de modernización de instalacións deportivas no Grove e...

0
No Grove financiará o 100% do acondicionamento do pavillón de deportes do CEIP Plurilingüe Conmeniño, que ascende a 303.000 €, e en Vilanova a...

Os licores espirituosos de Pazo de Valdomiño contan xa co selo de Garantia Galicia...

0
Ana Méndez, xerente do organismo da Xunta de Galicia, destaca o esforzo desta destilería para elaborar licores de calidade partindo da mellor materia prima A...

A Campaña de Verán da Xunta de Galicia presenta un Campo de Voluntariado nas...

0
• Conta con 20 prazas para participantes de 18 a 30 anos e desenvolverase entre o 23 de xullo e o 3 de agosto •...

Cuntis habilita un novo punto de recarga para vehículos eléctricos na Rúa Xoán Xesús...

0
• O dispositivo leva en funcionamento desde hai aproximadamente un mes e foi adquirido e instalado polo Concello a través de fondos propios, sumándose...

A Deputación investirá 150.000 euros na dotación de illas ecolóxicas e na instalación de...

0
Estas iniciativas, enmarcadas no proxecto “Da túa man” (rural), beneficiarán a Agolada, Arbo, Barro, Campo Lameiro, Cuntis, Forcarei, Meis, Mondariz, As Neves, Rodeiro e...

O Concello de Tomiño solicita á FEGAMP que convoque unha reunión urxente entre a...

0
A alcaldesa de Tomiño apela a colaboración institucional para dar unha solución a unha problemática que pon en risco o modelo de convivencia entre...

Publicacións Relacionadas