As empresas interesadas poderán presentar oferta ata o 7 de setembro.
Máis de 314.000 euros para a realización das obras de renovación das instalacións no Pavillón Municipal Cándido Carrera, obras financiadas a través do III Plan de Infraestruturas Deportivas e Plan +Provincia da Deputación de Pontevedra.
Acción enmarcada dentro do Plan de Mellora de Infraestruturas Deportivas que está realizando o Concello. Nestes últimos anos renováronse a zona deportiva da Canuda, melloras nas instalacións deportivas do Casal, do campo de fútbol do Oural, no campo municipal Antonio Bernárdez Gándara-Dextros ademais de mellorar a eficiencia enerxética do Cándido Carrera. Todas estas actuacións alcanzan unha inversión histórica de case millón e medio de euros, co único fin de mellorar os espazos clave para a práctica deportiva.
Este proxecto contempla a substitución completa da pista, xa que o uso prolongado durante anos provocou un importante desgaste, facendo necesario o seu cambio integral. Ademais de contemplar a mellora do sistema de recollida de augas pluviais da cuberta, a optimización da ventilación interior coa instalación dun sistema de ventilación mecánica que permitirá forzar a renovación de aire. Instalarase unha cortina divisoria da pista, co fin de optimizar o seu uso.

