Unha actividade pensada para un máximo de 36 participantes, distribuídos en grupos de ata 6 persoas e que contará como máximo 4 sesións. En total ata 144 persoas poderán participar nesta actividade. Os grupos organizados en equipos deberán resolver retos e enigmas relacionados coa igualdade de xénero, cunha duración dunha hora.
O fío condutor da actividade versa acerca da historia dunha muller, Carmen, a cal fai máis dun século conseguiu crearse a si mesma e converterse nunha muller de éxito a pesar das dificultades e trabas ás que se tivo que enfrontar.
Todos os xogos da experiencia que deben superar os equipos están relacionados coa temática da igualdade, desde os estereotipos de xénero, os micromachismos como parte da sociedade actual, o papel relevante da muller ao longo da nosa historia na loita polos seus dereitos e o fomento da igualdade de xénero desde a infancia. Ademais, todos os retos que deben liquidar os equipos conteñen obxectivos, terminoloxía e acepcións relativas á fortaleza do xénero feminino

