- A actuación supuxo a construción duna nova estrutura de cuberta de 634 m2 para protexer as dúas pistas exteriores e as súas zonas de paso.
- Coa nova iluminación as pistas amplían o seu horario ata ás 23h
- Creáronse novos espazos verdes, a instalación duna fachada vexetal na piscina para gañar eficiencia enerxética e a mellora da accesibilidade.
O Concello do Porriño rematou as obras de remodelación e mellora do entorno do Complexo Deportivo Municipal na Rúa Doadores de Sangue, así como os traballos de cubrición das súas pistas de pádel exteriores, permitindo dende agora a súa utilización polos veciños e veciñas en calquera época do ano e independentemente das condicións meteorolóxicas. Esta obra incliu ademais nova iluminación o que permitirá a partires de xa ampliar o horario das pistas deportivas ata ás 23h (ata o de agora o horario remataba ás 21:30h).
A intervención, contou investimento de contrata de 448.968,48 euros conta cun cofinanciamiento a través do II PEID da Deputación de Pontevedra e tivo como obxectivo principal optimizar o uso das instalacións deportivas municipais e modernizar o seu contorno.
“Seguimos mellorando os espazos deportivos do centro e das parroquias. Esta obra súmase ás que estamos acometendo no campo do Pontellas, ou no Lourambal, facendo que o deporte base teña ferramentas pero tamén aquelas persoas que queren practicar deporte”. As pistas, informou o alcalde, seguirán sendo gratuitas.
A través do teléfono 986.34.44.20, pódense reservar as pistas de pádel, ou presencialmente na Piscina municipal.
Cuberta integral para o uso continuado do pádel
A principal actuación consistiu na instalación duna nova estrutura metálica e panel que cobre unha superficie total de 634 m2. Esta cuberta protexe integralmente as dúas pistas de pádel (de 287,80 m2 cada unha) e os seus corredores perimetrais de circulación. O deseño mantén o carácter ventilado e ao aire libre das pistas, pero protexe aos xogadores e xogadoras da choiva e das condicións adversas, incrementando de xeito notable as horas de utilización das pistas ao longo do ano.
Ademais a nova iluminación colocada nestas cubertas permite o seu uso máis alá do solpor, e o Concello do Porriño marcou xa un novo horario que se extende ata ás 23:00h.
As obras inclúen tamén o acondicionamento do chan do ximnasio e a mellora do teito do pavillón 2, optimizando as condicións de seguridade e confort nunhas instalacións moi utilizadas por usuarios de todas as idades
Fachada vexetal e mellora do contorno urbano
En canto á reordenación exterior, levouse a cabo a rexeneración das zonas axardinadas e a reestruturación dalgunhas prazas de aparcadoiro para crear novos espazos verdes e zonas de descanso dotadas de bancos. “Queremos humanizar cada espazo do Porriño, para que as persoas poidan desfrutar deles, non é só un lugar de paso, é o sitio onde pais e nais agardan a que rematen os entrenos”.
Entre as novidades destaca a instalación duna fachada ou muro vexetal na cristalera da fachada sur da piscina municipal. Este xardín vertical conta con sistema de rego propio e cumpre unha dobre función: actuar como barrera de control solar e térmico para mellorar a eficiencia enerxética do recinto da piscina, ao tempo que garante unha maior intimidade protexendo o interior da vista dos espectadores.Prantáronse tamén sobre xardiñeiras árbores que dean sombra a este espazo.
Accesibilidade garantida
Para facilitar un acceso cómodo e sen barreiras ás novas pistas e ao resto do complexo, executouse un novo pavimento continuo de formigón e habilitouse unha rampa accesible cun 8% de pendente, equipada con dobre pasamáns e zócalo de protección.
Coa conclusión destas obras, o Concello pon a disposición da cidadanía un complexo deportivo máis moderno, sostible e adaptado ás necesidades de práctica deportiva durante os doce meses do ano.

