O Concello do Porriño convida aos medios de comunicación, á corporación municipal e a toda a veñanza a participar no acto de homenaxe e lembranza a Teresa de Jesús, no primeiro aniversario do seu pasamento. Será este mércores, 29 de xullo ás 13:00 h na Praza Arquitecto Antonio Palacios.
Con este acto, a vila quere render tributo á súa memoria, volver a condenar o seu asasinato, amosar o seu apoio á familia e achegados, e recoñecer o traballo de todas as persoas que prestan servizo na comunidade.

