O Concello informa sobre os itinerarios do servizo gratuíto de transporte institucional para as eleccións ao Parlamento de Galicia

adminON
Lectura mínima de 3


Haberá cinco rutas para cubrir todas as parroquias con paradas en distintos barrios en horario de mañá e de tarde

O Concello de Covelo informa que, co obxectivo de facilitar o desprazamento das/dos electores, haberá un servizo gratuíto de transporte institucional que garantirá que todas as persoas poidan trasladarse ás súas mesas electorais con motivo das eleccións ó Parlamento de Galicia do día 18 de febreiro de 2024.

Este servizo contará con cinco itinerarios. Un para a mesa electoral de Barciademera con dous percorridos, por un lado o de Lourido con saída ás 10:30 e as 16:00 horas no torreiro de festas de Lourido e parada en Redondo e, por outro lado, o percorrido con saída  no barrio de A Roteña ás 12:25 e ás 17:25 con parada na igrexa de Casteláns e en As Pereiras-Vilanova. O regreso producirase cando as persoas transportadas teñan exercido o seu dereito ao voto.

Outro dos itinerarios é o de Oleiros, A Peneda, Carredás e Piñeiro con saída dende o bar Carballo no barrio da Igrexa en Piñeiro ás 11:30 e 16:00 horas. Terá paradas no barrio de Areas, en Piñeiro; en Oleiros e na Peneda, Barciademera.

O tercerio itinerario sae do Pino Manso dende a Aldea de Arriba en Prado da Canda ás 11, ás 13 e ás 17 horas. Recollerá persoas no barrio de Corzós, na Lamosa e no Centro Social da Lamosa para levalos á mesa electoral de Paraños.

O cuarto itinerario será o de San Salvador de Prado, Bugariña Godóns e Maceira con saída ás 12:30 e 17 horas dende a praza de Cende en San Salvador de Prado.

O último e quinto itinerario parte dende A Graña, vai a Campo, a Fofe e Maceira. Sairá ás 10:30 e ás 15 horas con saída na Cerreira, na Graña, e paradas en San Pedro (A Abrigada); en Cascardoso, Campo; no torreiro de Fofe e chegada a Maceira.

Todos os itinerarios conta con viaxe de volta unha vez que as persoas rematen.

Comparte este artigo