Home Pontevedra A Paradanta O Partido Popula de Arbo presenta unha moción ao pleno para a...

O Partido Popula de Arbo presenta unha moción ao pleno para a rebaixa do prezo da luz

- Anuncio -
  • O Partido Popular de Arbo presenta unha moción ao Pleno da Corporación para instar ao Goberno de España para a adopción de medidas para a rebaixa do Prezo da Luz
  • O pasado 27 de setembro o Pleno de Arbo, aprobabase con votos a favor do grupo político do PP e abstención do grupo político Agrelar aprobación da moción para a rebaixa do prezo da luz
  • Ante a inquedanza trasladados por veciños e veciñas de Arbo, o partido popular de Arbo presentaba unha moción para instar ao goberno de España a adopción de medidas para a rebaixa do prezo da luz.
  • Nas primeiras semanas do ano 2021 o sistema eléctrico experimentou un encarecemento substancial dos prezos. o pasado 1 de xuño entraba en vigor o novo modelo de factura eléctrica para os case 11 millóns de consumidores españois acollidos ao PVPC (Prezo Voluntario para o Pequeno Consumidor). Daquela o Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico
    animaba aos consumidores a trasladar o consumo de enerxía eléctrica das horas punta aos tramos chan e val (os de menor demanda).
  • Unha subida desbocada do megavatio hora que impacta de maneira moi especial nos colectivos máis vulnerables – aumentando o risco de pobreza enerxética – e naqueles autónomos, pemes e empresas que non teñen capacidade para adaptar a súa actividade aos novos tramos horarios, e do que o goberno de Arbo, estase facendo eco a través das queixas dos arbenses e aos que con esta moción queren mostrar o seu apoio.

No acordo plenario do pasado 27 de setembro de 2021 cos votos a favor do PP de Arbo e a abstención do Grupo Agrelar, o concello de Arbo insta ao Goberno de España a eliminar o tipo de gravame do Imposto sobre o Valor da Produción de Enerxía Eléctrica do 7%, modificando a Lei 15/2012, de 27 de decembro de medidas fiscais para a sustentabilidade enerxética, a modificar a Lei 24/2013, do Sector Eléctrico para que, entre outros aspectos, determinados custos regulatorios que se trasladan á factura eléctrica (débeda do
sistema eléctrico e custos extrapeninsulares) sexan financiados integramente con cargo aos Orzamentos Xerais do Estado, a modificar a Lei 37/1992, do Imposto sobre o Valor Engadido para facer permanente a rebaixa do IVE da electricidade do 21 ao 10%, a impulsar o descenso da factura eléctrica a través da revisión dos tramos horarios, a ampliar o dereito de poder acollerse ao Prezo Voluntario do Pequeno Consumidor (PVPC) ata potencias que iguais ou inferiores a 15 KW para o consumidor doméstico, co fin de
facilitar o acceso ao Bono Social Eléctrico e a loitar contra a pobreza enerxética entre os consumidores máis vulnerables, establecendo axudas específicas para o pagamento de facturas e asumindo o 100% dos custos para evitar o corte da subministración eléctrica.

Polos servizos municipais do Concello de Arbo, xa foron trasladadas nesta semana o acordo ao Goberno de España.

Relacionadas

A Deputación financiará integramente dous proxectos de modernización de instalacións deportivas no Grove e...

0
No Grove financiará o 100% do acondicionamento do pavillón de deportes do CEIP Plurilingüe Conmeniño, que ascende a 303.000 €, e en Vilanova a...

Os licores espirituosos de Pazo de Valdomiño contan xa co selo de Garantia Galicia...

0
Ana Méndez, xerente do organismo da Xunta de Galicia, destaca o esforzo desta destilería para elaborar licores de calidade partindo da mellor materia prima A...

A Campaña de Verán da Xunta de Galicia presenta un Campo de Voluntariado nas...

0
• Conta con 20 prazas para participantes de 18 a 30 anos e desenvolverase entre o 23 de xullo e o 3 de agosto •...

Cuntis habilita un novo punto de recarga para vehículos eléctricos na Rúa Xoán Xesús...

0
• O dispositivo leva en funcionamento desde hai aproximadamente un mes e foi adquirido e instalado polo Concello a través de fondos propios, sumándose...

A Deputación investirá 150.000 euros na dotación de illas ecolóxicas e na instalación de...

0
Estas iniciativas, enmarcadas no proxecto “Da túa man” (rural), beneficiarán a Agolada, Arbo, Barro, Campo Lameiro, Cuntis, Forcarei, Meis, Mondariz, As Neves, Rodeiro e...

O Concello de Tomiño solicita á FEGAMP que convoque unha reunión urxente entre a...

0
A alcaldesa de Tomiño apela a colaboración institucional para dar unha solución a unha problemática que pon en risco o modelo de convivencia entre...

Publicacións Relacionadas