● Os festivos de San Bieito e do Cristo caerán os luns 12 de xullo e 27 de setembro, respectivamente
O Pleno do Concello do Porriño aprobou hoxe, en sesión ordinaria, a proposta de designación dos dous festivos locais para o ano 2027, coincidindo coas principais celebracións patronais do municipio.
Deste xeito, os festivos locais serán o luns 12 de xullo, con motivo da festividade de San Bieito, e o luns 27 de setembro, coincidindo coa celebración das Festas do Cristo, dúas datas destacadas no calendario do Porriño.

