O Porriño consegue un investimento de máis de 438.000 euros para empregar e formar a 16 mozos e mozas durante un ano

Redacción
  • O novo Obradoiro de Emprego ‘O noso encontro co emprego II’ abrirá o prazo de inscrición urxente este luns 20 de xullo a través de Porremprego para os beneficiarios de Garantía Xuvenil.

O Concello do Porriño, a través da súa concellaría de Emprego e o servizo municipal Porremprego, anuncia o lanzamento do novo Obradoiro de Emprego de Formación e Aprendizaxe denominado “O noso encontro co emprego II”. Este programa mixto, cofinanciado pola Unión Europea e a Xunta de Galicia a través da liña Talento Mozo, conta cun orzamento total de 438.945,36 euros e permitirá a contratación remunerada de 16 mozos e mozas do municipio durante un período continuo de 12 meses.

O obxectivo principal desta iniciativa é reactivar e impulsar o emprego xuvenil local, facilitando que os participantes teñan a oportunidade de traballar cun contrato laboral real mentres se forman e obteñen Certificados de Profesionalidade de carácter oficial. O programa dará comezo o vindeiro 15 de setembro de 2026 e prolongarase ata o 14 de setembro de 2027.

Especialidades e acceso para mozos sen estudos previos Unha das grandes vantaxes deste obradoiro é o seu deseño formativo en dous niveis consecutivos, o que permite o acceso directo a mozos e mozas que non dispoñan de titulación académica previa (como a ESO). O proxecto divídese en dúas áreas profesionais con 8 prazas cada unha. A primeira é de cociña, con un itinerario formativo que conta con un  módulo de Operacións básicas de cociña como nivel de entrada para permitir o acceso a persoas sen formación previa. A outa é a especialidade de Administración e Gravación (8 prazas): Nesta rama, o curso principal e de maior nivel é o de Operacións de gravación e tratamento de datos e documentos, mentres que o módulo de Actividades administrativas na relación co cliente funcionará como a formación de nivel máis baixo para garantir que calquera persoa poida acceder dende cero.

Os mozos e mozas interesados, que deben ter idades comprendidas entre os 16 e os 29 anos, teñen a obriga legal de estar inscritos de forma expresa como demandantes no Sistema nacional de Garantía Xuvenil.

O persoal de Porremprego resolverá calquera dúbida abrangue dende este luns 20 de xullo ata o vindero venres 24 de xullo.  “Moitos dos nosos mozos e mozas teñen talento, pero moitas veces fáltalles ese título oficial ou esa primeira oportunidade laboral que lles abra as portas do mercado. Con ‘O noso encontro co emprego II’ non só lles damos formación oficial de balde e dende o nivel máis básico, senón que van ter un soldo garantido durante un ano enteiro. É unha oportunidade de ouro que non se pode deixar escapar. Por iso pedimos que acudan xa este luns a Porremprego para que non queden fóra das listas”, explica o alcalde.

Comparte este artigo