O Porriño renovará a sinalización horizontal de todas as súas estradas para mellorar a seguridade viaria

Redacción

●O obxecto do contrato inclúe o pintado e repintado de liñas, pasos de peóns, símbolos e prazas de estacionamento en todas as estradas e viarios de competencia municipal.


●O orzamento  licitación ascende a 150.000 euros 


O Concello do Porriño saca a licitación por 150.000 euros a renovación da sinalización horizontal de todas as estradas do municipio,  é dicir, a mellora integral da seguridade e ordenación do tráfico no termo municipal . 
A diferenza de campañas anteriores centradas en zonas específicas, “este novo contrato posúe un carácter global”, explica o alcalde, Alejandro Lorenzo. Abranguerá de forma continua a totalidade dos viarios de titularidade municipal, de maneira que as actuacións poderán executarse en calquera estrada, rúa, camiño ou espazo público de competencia municipal do Concello de O Porriño, segundo as necesidades que vaian sendo detectadas polos servizos municipais. “Esto permitirá unha actuación máis axil”, explicia o rexedor, que pon sobretodo o foco na seguridade vial.  Xunto ao concelleiro de Vias e Obras Ramón Porto, inepeccionou nesta xornada algunhas das zonas que requiren atencion. 
Mellora da seguridade e modernización viaria
A actuación contempla o pintado e repintado de todo tipo de marcas viarias: dende as liñas lonxitudinais de delimitación de carrís e marcas transversais, ata pasos de peóns, liñas de detención, frechas, inscricións, zonas cebreadas e delimitación de zonas de estacionamento ou reservas de espazo. Así mesmo, as tarefas inclúen a eliminación limpa e sen danos para o pavimento de marcas antigas ou obsoletas cando sexa preciso reordenar o tráfico.
Os traballos estenderanse tanto polos núcleos urbanos como polas vías interurbanas, camiños municipais, aparcadoiros públicos e as principais arterias dos polígonos industriais. Cunha partida económica máxima de 150.000 euros. Nas directrices de contratación priman a calidade técnica dos materiais, como o emprego de pintura reflectante con microesferas de vidro e plásticos en frío antideslizantes e drenantes para protexer de xeito especial aos peóns.

Comparte este artigo