O Porriño volve a instalar unha pantalla xigante para ver o Munidal

Redacción
  • Xa se fixo nos partidos de cuartos e semifinais cunha gran afluencia de público

A praza Arquitecto Antonio Palacios converterase de novo no epicentro mundialista no Porriño; centenares de persoas acudiron xa á praza para apoiar á selección española no seu partido ante Francia e celebraron o triunfo de La Roja en comunidade. O gran ambiente vivido durante toda a noite confirmou, unha vez máis, o éxito desta iniciativa impulsada polo Concello e por iso, na gran final, repítese fórmula: poderase ver o encontro na praza do Concello este   domingo 19 de xullo ás 21:00 horas. Así, toda a cidadanía terá a oportunidade de seguir en directo a gran final e de apoiar a España en comunidade, con amigos, veciños e familiares.

O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, destacou que “Competicións como o Mundial de Fútbol son unha oportunidade para unir á veciñanza e crear momentos inesquecibles. Ver a praza cunha marea vermella animando á selección foi unha imaxe extraordinaria que esperamos repetir este domingo”.

O rexedor convidou a toda a veciñanza a participar na derradeira cita deste Mundial e animou á nosa selección: “Agardamos que o Porriño volva encher a praza para vivir unha final histórica e apoiar á nosa selección! A pola segunda estrela!”

No caso de cuartos, fixerase xa, pero no barrio de San Bieito, coincidindo coas festas

Comparte este artigo