Cheo absoluto no Progreso este sábado. Miles de persoas que chegaron atraídas por un dos concertos máis destacados do mes de setembro, o da raíña do Dance, Kate Ryan. Público entregado que coreou desde a primeira ata a última canción, pero que non agardou a que saíse a belga para que se desatase a tolemia. A primeira en ser ovacionada foi Juaniña. A porriñesa, de 101 ańos, escoitou como esas mesmas miles de persoas coreaban o seu nome: “Juaniña, Juaniña, Juaniña”.
Ela, acompañada polo alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, non dubitou en agradecer esas loubanzas e presentar como unha auténtica speaker a Ryan, que chegou cun impermeable azul sobre uns pantalóns de coiro ao máis puro estilo dos anos 2000.
A partir de aí, grandes éxitos como Désenchantée, Ella, elle l’a ou Voyage Voyage, xunto con Je t’adore, canción coa que representou ao seu país no Festival de Eurovisión no ano 2006. Temas que fixeron que o aparcadoiro do Progreso se convertese nunha auténtica pista de baile.
Xunto a ela, durante gran parte da madrugada, xente daquí: Khris Guez, Traffic House, Dmirón e Michi, que demostraron o forte que está a canteira.
Emocións tamén na praza do Arquitecto Antonio Palacios co espectáculo “Queiman Folk-Rock”, protagonizado polo Bruxo Queiman; unha creación artística singular dentro do panorama musical galego que combina a enerxía do rock coa esencia do folk celta, sumando ademais elementos de danza, teatralidade e a presenza simbólica do lume. Gaitas, percusión, rock e unha interpretación.
Ao tempo, Touriñán metía no peto ás 1.500 persoas que se congregaban no Pavillón Municipal da man da Rondalla de Pontellas, onde logo de máis de media hora de retranca, acabou desfilando como abandeirado, igual que fixo na película de Daniel Sánchez Arévalo.
Todo, tras un memorable pregón de Janet Novás, animación infantil, a actuación da orquestra Costa Dorada…. Porque as festas do Cristo do Porriño, son un non parar.
Domingo 27:
O domingo 27 estará marcado polos actos relixiosos e as propostas para toda a familia. Así ás 12:00 h terá lugar a Misa Solemne e Procesión do Santísimo Cristo da Agonía na Igrexa de Santa María e rúas da vila. O acto estará amenizado pola Coral Polifónica da EMMUS do Porriño, a Banda de Guerra da Brilat, a Banda de Música do Porriño e o Grupo de Gaitas Arume de Malvas.
O prato forte para a cartivada chegará ás 18:00 h da man de Gisela co espectáculo “Una historia encantada” na praza Arquitecto Antonio Palacios, durante unha fin de semana chea de obradoiros para eles e elas.
Ás 19:30 h será o turno da Banda de Gaitas San Xoán de Paramos na rúa Domingo Bueno, mentras a verbena trasádase, primeiro a praza Central co Grupo Claxxon ás 21:30 e logo volve a Domingo Bueno da man da Orquestra América ás 22:30 h
Luns 28: Misa de campaña, bandas de música e Panorama
O luns logo da misa solemne que terá lugar ás 12:ooh na praza do Cristo, amenizada polo Coro do Grupo Parroquial, terá lugar un concerto da Banda de Música Municipal de Redondela que volverá a actuar ás 19:00 xunto a a Banda de Música Unión Musical de Valladares na praza do Cristo.
Para pechar a noite: a Orquestra Tango actuará ás 21:00 h na Praza Central, e a gran fin de festa chegará coa Orquestra Panorama ás 23:45 h na rúa Domingo Bueno.

