O público familiar ten cita no Teatro Municipal de Tui con Dedín, dedín, dedal

Redacción

Malasombra Producións presenta este espectáculo este venres ás 19 h

Os máis pequenos e pequenas da casa son os destinatarios do espectáculo que este venres , 16 de outubro, ás 19 h terá lugar no Teatro Municipal de Tui. Será “Dedín, dedín, dedal” da compañía Malasombra Producións.

Yoli Lorenzo e Brais Iriarte dan vida a esta función, creada e dirixida por Andrea Bayer e Óscar Ferreira. “Dedín, dedín, dedal” está pensado para liar, rir e bailar. A palabra, os xogos, os contos e as cantigas están moi presentes ao longo do espectáculo. 

As entradas están á venda en tui.gal aos prezos de 4€ e 3€ até 10 minutos antes do inicio da función.

Comparte este artigo