Home O Salnés Meis Achegas do BNG Meis ao Plan de Mobilidade

Achegas do BNG Meis ao Plan de Mobilidade

- Anuncio -

O portavoz do BNG de Meis reuniuse coa empresa MMasa para tratar o Plan de Mobilidade de Meis e aproveitamos para trasladarlle as achegas que consideramos fundamentais para a mobilidade no noso concello.

  1. Transporte Público (AUTOBUSES).

Non existe transporte interparroquial para o interior do Concello, a expensas de como quede a lei do bus escolar, que conecte as parroquias entre si e co casco urbano, problema que irá a maiores coa construción do futuro centro de saúde. Na conexión cos concellos veciños e de importancia polas súas institucións a veciñanza depende da parroquia onde viva, máis completa a conexión no mosteiro, noutras parroquias terían que ir pola mañá e regresar ás 19:00 horas (liñaXG814) de Pontevedra, na outra banda do concello (liñaXG830) conexión con Pontevedra e Vilagarcía e chegando o abandono da Armenteira cunha soa conexión en Cabeza de Boi. Dende o BNG propuxemos un bus interparroquial que conecten todas as parroquias entre si e co Mosteiro para aproveitar as conexións xa existentes.

  1. Carril bici- sendas peonís.

O único carril bici existente no Concello de Meis é o que sube á parroquia da Armenteira desde a rotonda da saída da autovía. Non é un carril pensado para a conectividade. Máis ben deportivo. O Concello carece de sendas peonís (agás as rutas polo monte pensadas para ocio, non para mobilidade). Dende o BNG propuxemos crear sendas peonís e carril bici que axuden á conectividade. Sendas seguras diferenciadas das estradas, que dean unha percepción diferente respecto á mobilidade.

  1. Taxi a demanda

O BNG propuxo un servizo de taxi baixo demanda. A proposta foi comunicada ao sector do taxi en Meis sendo ben recollida. A idea é que a veciñanza poda contratar o servizo previamente e que os vehículos sexan compartidos por varias persoas e, incluso, os taxis podan prestar servizos regulares, todos os días á mesma hora e con idénticos percorridos para facilitar o seu uso. Este sistema permitiría a implantación dun sistema de transporte baixo demanda nos puntos onde non poden chegar os autobuses, polas características das estradas ou por calquera outra razón. Nas reunións co sector tamén acordaremos as características dos vehículos como, por exemplo, que teñan unha serie de adaptacións mínimas en materia de accesibilidade ou que sexan vehículos de baixas emisións de CO2.

Relacionadas

A Deputación financiará integramente dous proxectos de modernización de instalacións deportivas no Grove e...

0
No Grove financiará o 100% do acondicionamento do pavillón de deportes do CEIP Plurilingüe Conmeniño, que ascende a 303.000 €, e en Vilanova a...

Os licores espirituosos de Pazo de Valdomiño contan xa co selo de Garantia Galicia...

0
Ana Méndez, xerente do organismo da Xunta de Galicia, destaca o esforzo desta destilería para elaborar licores de calidade partindo da mellor materia prima A...

A Campaña de Verán da Xunta de Galicia presenta un Campo de Voluntariado nas...

0
• Conta con 20 prazas para participantes de 18 a 30 anos e desenvolverase entre o 23 de xullo e o 3 de agosto •...

Cuntis habilita un novo punto de recarga para vehículos eléctricos na Rúa Xoán Xesús...

0
• O dispositivo leva en funcionamento desde hai aproximadamente un mes e foi adquirido e instalado polo Concello a través de fondos propios, sumándose...

A Deputación investirá 150.000 euros na dotación de illas ecolóxicas e na instalación de...

0
Estas iniciativas, enmarcadas no proxecto “Da túa man” (rural), beneficiarán a Agolada, Arbo, Barro, Campo Lameiro, Cuntis, Forcarei, Meis, Mondariz, As Neves, Rodeiro e...

O Concello de Tomiño solicita á FEGAMP que convoque unha reunión urxente entre a...

0
A alcaldesa de Tomiño apela a colaboración institucional para dar unha solución a unha problemática que pon en risco o modelo de convivencia entre...

Publicacións Relacionadas