Os participantes do obradoiro “O noso encontro co emprego II” amosan o seu entusiasmo na xornada de arranque no Porriño

Redacción
  • Ilusión, vocación e ganas de aprender entre o alumnado do Multicentro de Torneiros
  • Alejandro Lorenzo e Ana Ortiz animan ao alumnado a  aproveitar unha oportunidade de ouro ante a alta demanda dos obradoiros de emprego

O Concello do Porriño deu o pistoletazo de saída ao novo Obradoiro de Emprego de Formación e Aprendizaxe denominado “O noso encontro co emprego II”. Unha iniciativa mixta de formación e emprego orientada á titorización e inserción no mercado laboral de 16 mozos e mozas do municipio, financiada cun orzamento de 438.945,36 euros cofinanciados pola Unión Europea e a Xunta de Galicia a través da liña Talento Mozo.

O acto inaugural contou coa presenza  do alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, quen se dirixiu directamente aos mozos e mozas seleccionados para felicitalos e animalos a aproveitar ao máximo esta experiencia de 12 meses continuos de contrato laboral remunerado e formación oficial. O alcalde subliñou o alto volume de solicitudes recibidas para esta convocatoria e fixo un chamamento ao esforzo e á dedicación diaria para acadar os mellores resultados. Así mesmo, agárdase unha gran taxa de inserción laboral ao remate do programa, dada a forte demanda das especialidades impartidas no contorno empresarial da comarca.

O rexedor destacou e agradeceu de xeito fundamental a imprescindible colaboración e o apoio da Xunta de Galiciana xestión e financiamento destes obradoiros, fundamentais para impulsar as oportunidades da mocidade local. 

Neste mesmo sentido a delegada territorial da Xunta de Galicia, Anta Ortiz, destacou o valor dos doentes que imparten a formación e a importante saída laboral destas especialidades. Na xornada estiveron tamén presentes a  josé Antonio Rodríguez Fachado, director territorial de Pontevedra de la Consellería de Emprego, Comercio e Emigración daXunta e a concelleira de Emprego do Porriño, Teresa Veloso.

A voz dos protagonistas: ilusión, vocación e ganas de traballar

Nas súas primeiras declaracións tras o arranque das clases, os propios alumnos e alumnas amosaron a súa gratitude e o seu optimismo ante o reto laboral que teñen por diante: Na rama de administración, gravación e tratamento de datos, alumnos como Andrei e Pablo amosaban o seu entusiasmo ante esta nova etapa; mentres Andrei salientaba que lle está a gustar a formación e que o seu gran obxectivo é «optar a un posto de traballo», Pablo puña o foco no interese da parte teórica, amosando a súa total disposición para incorporarse a calquera oportunidade que lle xurda no mercado laboral. Na mesma liña, Iria manifestaba sentirse «moi orgullosa de ter sido elixida» e amosábase convencida de que este itinerario lle abrirá as portas a un bo futuro profesional, unha visión compartida por Silvia, quen, enfocada na área de atención ao cliente, destacou a enorme utilidade e practicidade do contido que están a aprender.

A motivación é o fío condutor nas testemuñas de todos os participantes.  Javi valoraba moi positivamente a calidade dunha «formación innovadora» que o prepara tanto para labores de pinche como de cociñeiro, coa meta clara de dedicarse profesionalmente aos fogóns. O optimismo contáxiase tamén entre alumnos como Fran, moi motivado coa perspectiva de acadar un emprego estable grazas á aprendizaxe recibida, ou Jaime, quen non agachaba a súa ilusión por reincorporarse ás aulas e apuntaba alto nos seus obxectivos persoais ao amosar a súa ambición de «chegar a ser un bo executivo duns empresa» no futur

Un programa integrador e con dobre itinerario

O programa “O noso encontro co emprego II”, promovido a través do servizo municipal Porremprego, destaca pola súa estrutura formativa en dous niveis consecutivos, o que garante o acceso directo a persoas sen titulación académica previa (como a ESO):

  1. Especialidade de Cociña (8 prazas): Inclúe o módulo de Operacións básicas de cociña como nivel de entrada, permitindo o acceso desde cero ata obter o Certificado de Profesionalidade.
  2. Especialidade de Administración e Gravación (8 prazas): Dispón do módulo de Actividades administrativas na relación co cliente como nivel de acceso e o de Operacións de gravación e tratamento de datos e documentoscomo curso de nivel superior.
Comparte este artigo