HomeVigoPazos de BorbénPazos aposta polo futuro sostible  

Pazos aposta polo futuro sostible  

- Anuncio -spot_img

O alcalde Luciano Otero impulsa, xunto con  Mondariz e Mondariz-Balneario, un subministro  eléctrico conxunto que garante aforro e enerxía limpa 

O Concello de Pazos de Borbén, da man do seu alcalde Luciano Otero,  participa nun importante proxecto conxunto xunto cos concellos de  Mondariz e Mondariz-Balneario, co obxectivo de avanzar cara a unha  xestión máis eficiente e sostible da enerxía pública. Este acordo permitirá un  aforro significativo no consumo eléctrico municipal e supón un paso firme  cara á transición enerxética e ao compromiso co medio ambiente.  

O convenio entre os tres concellos asinouse hai tempo, e froito dese traballo  conxunto vén de rematarse o proceso de licitación compartida do  subministro eléctrico, que agora se pon en marcha. Esta colaboración  intermunicipal permite mellorar os prezos e condicións do contrato,  beneficiando así ás administracións locais e, sobre todo, á veciñanza.  

Este novo contrato, desenvolvido coa colaboración da empresa Energysave  

Projects S.L., garante que o 100 % da electricidade subministrada proceda de fontes  renovables ou de coxeneración de alto rendemento, segundo a normativa europea  vixente. Ademais, sen custo engadido para os concellos, disporase dunha batería virtual  para compensar os excedentes do autoconsumo fotovoltaico.  

O alcalde Luciano Otero destacou:“Este é o resultado dunha colaboración intelixente  entre concellos que compartimos obxectivos comúns. Apostamos por un modelo sostible,  reducindo o gasto e coidando do planeta que queremos deixar ás novas xeracións.” 

Deste xeito, Pazos de Borbén continúa coa súa liña de accións dirixidas a mellorar a  calidade de vida da veciñanza, reforzando o compromiso coa sustentabilidade e a  innovación na xestión municipal.

Publicacións Relacionadas