- O líder do PP comprométese a aumentar de 321.000 a 600.000 euros a partida orzamentaria destinada ás entidades sociais con convenio do terceiro sector
- Silvia Junco reclama duplicar as axudas á emerxencia social e reforzar os recursos municipais para atender as persoas máis vulnerables
O presidente local e portavoz municipal do Partido Popular de Pontevedra, Rafa Domínguez, e a concelleira popular Silvia Junco, anunciaron unha batería de medidas para reforzar os servizos sociais municipais, mellorar a atención ás persoas en situación de vulnerabilidade e frear a desatención das persoas sen fogar na cidade.
Domínguez recordou que o PP leva todo o mandato advertindo ao alcalde Miguel Anxo Fernández e ao Goberno local do BNG da necesidade de actuar ante situacións que afectan tanto ás persoas sen fogar e en risco de exclusión como aos veciños que padecen problemas de convivencia e aos propios axentes da Policía Local que deben intervir nestes casos.
“Hay que sacar a las personas sin hogar de las calles. No por la imagen de Pontevedra, que también. No por un tema de salud pública, que también. No por un tema de convivencia ciudadana, que también. Hay que sacar a las personas sin hogar de las calles por una cuestión de solidaridad y responsabilidad social”, asegurou líder dos populares.
O portavoz do PP defendeu que unha persoa que vive na rúa necesita atención social, seguimento e recursos especializados, especialmente cando existen problemas de adicción ou outras circunstancias de exclusión. Ao mesmo tempo, reclamou que os veciños teñan garantida a convivencia nos espazos públicos e que a Policía Local dispoña dos efectivos e medios necesarios para actuar cando corresponda.
“Qué poco le importará a Lores la situación que ni se ha dignado a convocar la Comisión de Convivencia acordada por los tres grupos políticos de la corporación, incluido el BNG, en el pleno de junio de 2025. Un alcalde no puede seguir de brazos cruzados mientras tiene decenas de personas durmiendo en las calles, porque se está produciendo un efecto llamada y cada día son más. Son personas con múltiples problemas y el Concello es el primero que debe ayudarlos a través de los servicios sociales”, afirmou.
Silvia Junco reclama duplicar as axudas á emerxencia social
A concelleira do PP Silvia Junco advertiu de que unha cidade que pretende estar pensada para as persoas debe situar tamén entre as súas prioridades a atención a quen atravesa situacións de vulnerabilidade: “El modelo de ciudad no puede olvidarse de atender a las personas que más lo necesitan. El Concello de Pontevedra no puede seguir teniendo un corazón de piedra en servicios sociales”.
Neste sentido, incidiu especialmente na necesidade de mellorar a coordinación co terceiro sector e de incrementar o respaldo económico ás entidades sociais. Segundo explicou, moitas destas organizacións desenvolven un papel fundamental na atención directa ás persoas e precisan contar con recursos suficientes para manter e ampliar os seus programas.
Entre as medidas que o Partido Popular de Pontevedra recollen na moción, figuran:
- Aumentar de 321.000 a 600.000 euros a partida destinada aos convenios coas entidades sociais do terceiro sector para o ano 2027.
- Reforzar a colaboración municipal coas entidades sociais.
- Incrementar os recursos económicos destinados ás políticas sociais.
- Duplicar a partida orzamentaria de axudas de emerxencia social.
- Crear unha convocatoria específica de subvencións para fins sociais.
- Garantir unha atención máis áxil, próxima e eficaz ás persoas que máis o necesitan.
- Reforzar o persoal da área de Servizos Sociais.
- Crear unha rede de voluntariado.
Ao peche, Domínguez insistiu en que “o Partido Popular non quere unha Policía sen patrullas. Queremos unha Policía con capacidade de reacción ao instante na rúa. Non queremos uns servizos sociais saturados de expedientes. Queremos uns servizos sociais con capacidade para acompañar ás persoas e conseguir que saian de situacións de exclusión. E non queremos entidades sociais que sobrevivan ano a ano esperando a seguinte subvención. Queremos que teñan estabilidade para facer o seu traballo”, recalcou.
“Os problemas dos pontevedreses non poden esperar a que chegue unha campaña electoral. As persoas que necesitan axuda necesítana hoxe. Os policías necesitan medios hoxe. E os veciños necesitan respostas hoxe”, concluíu.

