Este venres, 2 de outubro de 2026, a praia de Cesantes (A Punta) acolle a xornada final do proxecto “Mariscando conCiencias para o Futuro”. Unha cita aberta a toda a cidadanía para compartir os resultados e aprendizaxes deste intenso traballo colectivo desenvolvido ao longo de 2025 e 2026 co obxectivo de deseñar un horizonte sostible para a Enseada de San Simón de cara ao ano 2040.
O gran atractivo do día será a estrea de “Á beira, ou como (re)situar o corpo na orilla”. Esta peza de danza única nace da convivencia entre as nosas mariscadoras a pé e bailarinas profesionais, traducindo en movemento a memoria, as vivencias e o futuro deste oficio tradicional.
Programación:
- 12:30 h – Benvida institucional + Inauguración da exposición sobre pesca e marisqueo, instalacións artísticas e a mostra Pezas de 3 miradas creadas con refugallos mariños.
- 13:00 h – Primeiro pase da peza de danza Á beira + Xantar comunitario.
- 17:00 h – Relatorio do proxecto para coñecer as principais conclusións acadadas.
- 18:00 h – Obradoiro familiar de creación artística utilizando lixo mariño.
- 19:00 h – Segundo pase da peza de danza Á beira.

