Pepa Pardo vota en contra de “Pedro Sánchez e dun Goberno que cede ás chantaxes dos independentistas por manterse no poder”

adminON
Lectura mínima de 2

• A concelleira do PP considera que o Partido Socialista “está desesperado” e responde que “deixaron ao descuberto as súas argucias políticas nun momento de extrema debilidade” do Goberno de España e do PSOE

• A tamén senadora “votaría unha e mil veces en contra dun Goberno central que menospreza ao resto de comunidades autónomas no seu afán de favorecer os intereses do independentismo catalán”

Pepa Pardo, concelleira e senadora do PP por Pontevedra, respondeu a un novo ataque do PSOE local por votar en contra dos obxectivos de estabilidade orzamentaria na Cámara Alta: “Votei non, e volveríao a facer unha e mil veces máis. Estou orgullosa de votar non ao Goberno de Pedro Sánchez, a un Goberno que cedeu ás chantaxes dos independentistas de Cataluña, a cambio de manterse no poder”.

A número dous dos populares na cidade lembrou que o Partido Socialista “está desesperado” e que esta comparecencia do seu portavoz municipal ha servido, simplemente, para deixar “ao descuberto as súas argucias políticas” nun momento de extrema debilidade do Goberno de España e do PSOE.

Fronte aos bandazos e os cambios de opinión continuos dos socialistas, a tamén secretaria xeral do PP local de Pontevedra defendeu a igualdade de todos os españois fronte a “os que pretenden dar privilexios a determinadas comunidades autónomas polo seu interese persoal”.

Comparte este artigo