Home Pontevedra Pontón pide a Rueda o rescate do Álvaro Cunqueiro para que a...

Pontón pide a Rueda o rescate do Álvaro Cunqueiro para que a saúde de 500.000 galegxs non estea en mans dun fondo voitre

- Anuncio -

Recrimina a “desfachatez política” dun presidente orgulloso de facer pagar 470 M€ de máis á cidadanía por un hospital con menos servizos

“O PP está disposto a poñer 300 M€ para rescatar as concesionarias das autoestradas, pero cero euros para rescatar a saúde dxs galegos”, critica

A portavoz nacional, Ana Pontón, reclamou a Alfonso Rueda que escoite á cidadanía de Vigo, reverta as privatizacións na sanidade pública e rescate o hospital Álvaro Cunqueiro para que a saúde 500.000 galegos e galegas non quede en mans dun fondo voitre.

“Pedímoslle exactamente o mesmo que lle está pedindo o medio millón de persoas que está na área sanitaria de Vigo: que escoiten, que abandonen a súa soberbia política e que rectifiquen, o que empeza por rescatar o Álvaro Cunqueiro”, reclamou nunha sesión de control na que recolleu as demandas das miles de persoas que se mobilizaron na cidade olívica hai poucos días para pedir a reconstrución desta área sanitaria.

Pontón reprochou ao PP que fixera de Vigo “a zona cero dos recortes e das privatizacións da sanidade” e recriminou ao titular da Xunta a súa “desfachatez política” por mostrarse orgulloso de facer pagar aos galegos e galegas 470 millóns máis a un fondo voitre por un hospital máis pequeno e con menos servizos dos previstos.

“Setecentas camas menos das previstas, os quirófanos pasaron de 35 a 24, as salas de radioloxía, de 62 a 32, e suprimiron os pavillóns de investigación e docencia e o hotel de pacientes”, enumerou, para recordar a continuación que tamén se construíron menos metros cadrados dos previstos e menos superficie de aparcamento. “E son vostedes os que presumen de grandes xestores, o que son é un fraude a este País”, sintetizou.

A portavoz nacional recordou que este sobrecusto de 470 millóns de euros é o resultado da decisión do Goberno do PP de privatizar a súa construción e advertiu que “cando o Partido Popular privatiza, sempre hai alguén que se beneficia”. Neste caso, apuntou, as beneficiadas foron “empresas de altos cargos do PP”.

Ante a evidencia dos datos, Pontón concluíu que o obxectivo dos populares nunca foi darlle a Vigo a mellor sanidade posible, senón “beneficiar as construtoras amigas” e seguir permitindo que “se faga negocio a costa da saúde da xente”, como fan “mantendo o concerto con Povisa”.

Neste sentido, tamén recordou unhas declaracións do “xefe de filas” de Rueda, o expresidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, nas que afirmaba que cando un político inaugura un hospital, debe deixalo pagado antes de marchar. “Un señor Feijóo que marchou para Madrid, pero que nos deixou un pufo de 840 millóns de euros para o hospital Álvaro Cunqueiro, a razón de 70,2 millóns cada ano até 2035”, denunciou.

En resposta ás alusións de Rueda á comisión de investigación sobre os chanchullos do Goberno do PP na contratación pública e na construción do hospital de Vigo, a líder nacionalista afeou ao titular da Xunta que “sacase peito” dunha comisión que os populares tentaron primeiro “impedir con todas as artimañas que puideron” e que converteron despois “de maneira antidemocrática e absolutista” nunha “comisión de ocultación”.

“Porque teñen moito que ocultar, empezando como vemos hoxe, nas súas responsabilidades pola construción privatizada do Álvaro Cunqueiro”, afondou, para reprochar a continuación a Rueda que estivese “disposto a poñer 300 millóns dos galegos e das galegas para rescatar as concesionarias de autoestradas ás que non lles daban as contas” pero, sen embargo, teña “cero euros para rescatar a saúde dos galegos e das galegas”.

De igual xeito, afeoulle que pretendese que a oposición se mantivese calada diante das súas políticas lesivas, baixo o argumento de que o PP gañaba eleccións. “Esa é a súa concepción da democracia”, reprochou, para recordarlle que os votos lle dan “a responsabilidade de gobernar, non a razón absoluta”.

“E que, ademais, creo que non estiveron moi acertados, porque falar de votos e de Vigo no resultado das autonómicas significa que a cidadanía de Vigo non lles deu a maioría, senón que fixo do BNG a forza política máis votada”, recalcou.

Ante as sucesivas negativas do presidente do Executivo a concretar se vai rescatar o Álvaro Cunqueiro o non, Pontón insistiu en pedirlle que “rectifique e escoite á cidadanía de Vigo que lle está dicindo que quere un hospital 100% público”. “Rescate o Álvaro Cunqueiro e deixe de beneficiar á privada”, concluíu.

Relacionadas

A Real Academia Galega e o Museo de Pontevedra lembran esta tarde a Marcial...

0
· A musicóloga Laura Touriñán, autora do volume Marcial del Adalid e o seu legado na Real Academia Galega, presenta o libro ás 19:00...

O PSOE rexeita unha moción do BNG para paliar os efectos das enchentas...

0
Sol Seoane insta a xestionar o río coas premisas científicas e técnica deste século, avogando por facer un estudo técnico que permita eliminar  a...

A Oficina de Coordinación de Transplantes da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés...

0
― En concreto, asumíronse as doazóns de dous pulmóns, un fígado, seis riles e as ditas dúas córneas ― Nesta área sanitaria foron detectados tres...

A Deputación leva a oficina móbil do programa +Renovables á Estrada e Lalín para...

0
O deputado provincial Javier Tourís reuniuse con Gonzalo Louzao, alcalde da Estrada, e José Crespo, de Lalín, con motivo da visita da oficina móbil...

Baiona homenaxea aos campións do mundo de dardos

0
Iago Farto e Mauro Pazos, ambos os residentes en Baiona e, coñecidos no ámbito competitivo como Trafalgar e Mauro, lograron o título de campións...

Reggaeton Beach Festival e concello de Nigrán acordan un desconto do 50% nas entradas...

0
Nigrán prepárase para a cuarta edición de Reggaeton Beach Festival o 26 e 27 de xullo en Porto do Molle. O evento, que trae...

Publicacións Relacionadas